Sant Esteve de Palautordera é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Xeografía O concello localízase ó nordés da comarca do Vallès Oriental. A parte norte forma parte do Parque Natural do Montseny. Os concellos limítrofes son: ó norte e leste co Fogars de Montclús, ó sur co Santa María de Palautordera e o oeste con Sant Pere de Vilamajor.É atravesado polo río Tordera que nace no parque natural.

Economía Os sectores principais son a construción, o comercio e o sector do turismo. Antigamente o sector agrario e gandeiro eran os predominantes. Mais actualmente atópanse en fase de abandono.

Patrimonio No concello consérvanse dous castelos. O castelo de Montclús con orixe no século XI e o castelo de Fluvià que data do século XII. A ermida de Santa Margarida e a igrexa de Sant Esteve son os edificios relixiosos máis salientábeis. Tamén existen mostras de arquitectura civil, coma as masías Ca l'Auleda e Can Bonamic, e o poboado ibérico de Montclús, que data dos séculos II-III a.C.

Véxase tamén Ligazóns externas http://santestevedepalautordera.cat/el-municipi/sant-esteve-de-palautordera/

Sant Esteve de Palautordera