A estación de Medina del Campo é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Medina del Campo, na provincia de Valladolid. É un dos principais nós ferroviarios da rede ao confluír nela ata tres liñas férreas. Ten amplos servizos de media e longa distancia. Cumpre tamén funcións loxísticas.
Situación ferroviaria A estación, que se atopa a 724,73 metros de altitude, forma parte do trazado das seguintes liñas férreas: Liña férrea de ancho convencional Madrid-Hendaia, punto quilométrico 206,312.Medina del Campo (Est.) Euroferroviarios Liña férrea de ancho convencional Medina del Campo-Vilar Formoso (Portugal), punto quilométrico 000,000. Liña férrea de ancho convencional Medina del Campo-Zamora, punto quilométrico 000,000. Tamén formaba parte da desmantelada liña de ferrocarríl que unía Villalba con Medina del Campo, punto quilométrico 092,305.
Historia A estación foi aberta o 15 de setembro de 1860 coa posta en marcha do tramo Medina del Campo-Valladolid da liña radial Madrid-Hendaia.Caminos de Hierro del Norte de España Spanishrailway A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, que construíu un edificio para viaxeiros, dous peiraos para mercadorías e un depósito para locomotoras. Con todo, a chegada de novas liñas férreas, como a Medina del Campo-Zamora en 1863 ou a Villalba-Segovia, absorbida pola compañía en 1884, supuxeron un aumento crecente do tráfico que converteu rapidamente as instalacións existentes en pequenas. Por iso, en 1896, Norte decidiu encargar a Vicente Salga, un dos seus mellores enxeñeiros, a construción dunha nova estación de tipo monumental e estilo francés dotada dunha marquesiña metálica de grandes proporcións, que se inaugurou en 1902.Con el sello de Norte Luis Guijarro
En 1941, a nacionalización do ferrocarríl en España supuxo o final de Norte e o nacemento de Renfe, que xestionaría a estación ata o 31 de decembro de 2004,cando foi dividida en Renfe Operadora e Adif, sendo esta última a titular das instalacións ferroviarias.
Dentro dos plans de alta velocidade e tras a apertura en decembro de 2007 da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, está previsto construír un ramal ata Medina, que se prolongará despois cara a Zamora e Salamanca.
A estación Medina del Campo é unha estación monumental de estilo ecléctico con inspiracións clasicistas. Mostra un deseño ortogonal e simétrico baseado no modelo francés da época. En total, todo o complexo ferroviario abarca 18 hectáreas.
O edificio para viaxeiros destaca polas súas grandes dimensións (102 x 12,5 metros) e componse dun bloque central ao que se unen dous pavillóns e dous anexos laterais. O seu esquema compositivo é marcadamente ortogonal e simétrico tanto en planta como en alzado, seguindo o modelo de estacións francesas similares.
A fachada principal está decorada con tres arcos peraltados con xenerosas claves e pilastras corintias. Un frontón curvo co escudo de armas da cidade completa a parte ornamental.
Sobre as plataformas destaca unha ampla marquesiña de dúas vertentes construída en ferro e cristal de 356 toneladas de peso e unhas medidas de 102 x 35 metros. Conta con elementos decorativos tanto nos capiteis das columnas que sosteñen a estrutura como nos corpos mensulados ou nos broches de remate.
Dispón de catro plataformas, unha lateral e tres centrais ás que acceden sete vías. A marquesiña cobre as vías 1, 2, 3 e 4 e dúas plataformas. O resto das plataformas tamén posúe marquesiña propia con tellado en uve. Máis vías destinadas a funcións loxísticas completan as instalacións.
Conta con venda de billetes, atención ao cliente, aseos, cafetería e restaurante. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un recentemente ampliado aparcadoiro e unha parada de taxi.
Servizos Longa Distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido Trenhotel Lusitania Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido Trenhotel Surex Hendaia Irún · Donostia · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Valladolid-Campo Grande · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido Estrella Picasso Málaga-María Zambrano Bobadilla · Puente Genil · Córdoba-Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Bilbao-Abando Ocasional
Media Distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe MD Madrid-Chamartin <> León MD Madrid-Chamartín <> Irún Vitoria 15 RE Medina del Campo <> Valladolid 16 MD RE Madrid-Chamartín Ávila <> Valladolid 17 MD RE León Ponferrada <> Valladolid Medina del Campo 18 MD Pobra de Seabra Zamora <> Valladolid 19 MD Palencia <> Salamanca
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información sobre a estación na web de Adif
Medina del Campo Categoría:Medina del Campo