Polar ou POLAR é un satélite artificial da NASA lanzado o 24 de febreiro de 1996 mediante un foguete Delta 7925 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para estudar a magnetosfera terrestre e a súa interacción co Sol.

Características POLAR foi unha das catro naves do programa GGS (Global Geospace Science), á súa vez parte das seis naves do programa ISTP (International Solar Terrestrial Physics) dirixido ó estudo da interacción entre a Terra e o Sol.

A misión de POLAR foi estudar as auroras polares, medir a interacción do plasma na zona polar da magnetosfera terrestre e a cola xeomagnética, o fluxo de plasmas cara e desde a ionosfera e a introdución de enerxía procedende das partículas solares na ionosfera e a atmosfera superior.

Nave POLAR ten forma de cilindro de 2,8 m de diámetro e 1,25 m de altura con células solares recubriendo a superficie e producindo ata 333 vatios de potencia. A nave ten unha masa de 1250 kg e estabilízase mediante xiro a 10 r.p.m. Dispón de antenas de cable, mastros inerciais soportes para instrumentos no plano de xiro.

A nave leva dúas plataformas de contrarrestación de xiro para instrumentos que necesitan situarse estaticamente. Os datos gardábanse en dúas grabadoras de a bordo e transmitíanse a terra a un máximo de 600 kbps e máis habitualmente a 250 kbps, aínda que a velocidade media de envío en tempo real era de 41,6 kbps.

Aínda que foi deseñada para durar entre 3 e 5 anos, POLAR funcionou durante 12 anos ata que foi desactivada en 2008.

Instrumentos POLAR levaba os seguintes instrumentos a bordo:

Plasma Wave Investigation (PWI): fai medicións das ondas de plasma nas zonas de altas latitudes aurorais, as zonas diúrnas de cúspide magnética e a plasmasfera. Fast Plasma Analyzer (HYDRA): mide os cambios tridimensionais rápidos na distribución dos ións e electróns de moi baixa enerxía. Experimento de Campo Magnético: un magnetómetro para medir os campos magnéticos nas zonas polares da magnetosfera. Toroidal Imaging Mass-Angle Spectrograph (TIMAS): mide a distribución tridimensional dos ións na magnetosfera. Instrumento de Campo Eléctrico (EFI): mide as tres compoñentes do vector campo eléctrico e a densidade de electróns termais. Thermal Ion Dynamics Experiment (TIDE) e Plasma Source Instrument (PSI): trazan o fluxo de plasma ionosférico a través da magnetosfera. Cámara Ultravioleta (UVI): cámara sensible ao ultravioleta remoto cun campo de visión de 8 graos para observar tanto o lado diúrno como nocturno da Terra e medir o efecto da enerxía solar nas rexións polares terrestres. Sistema de Imaxe Visible: conxunto de tres cámaras deseñado para fotografar auroras polares. Experimento Polar Ionosférico de Imaxe en Raios X (PIXIE): mide a distribución espacial e temporal da variación das emisións de raios X no rango entre 3 e 60 keV da atmosfera terrestre. Charge and Mass Magnetospheric Ion Composition Experiment (CAMMICE): mide a composición das partículas enerxéticas que se atopan na magnetosfera terrestre para identificar cales son enerxizadas e transportadas desde a súa fonte á magnetosfera. Comprehensive Energetic-Particle Pitch-Angle Distribution (CEPPAD).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina de Polar na NASA

Categoría:Satélites artificiais