Na Antiga Grecia, as Liceas (en grego antigo Λύκαια, Lykaia) eran unhas festas arcaicas cun ritual secreto na aba do monte Liceo, o pico máis alto de Arcadia. Os rituais e mitos deste primitivo rito de paso viraban ao redor dunha antiga ameaza de canibalismo e a posibilidade dunha transformación en home lobo dos efebos que participaban. A festa celebrábase anualmente, probabelmente a comezos de maio.
O epíteto Liceo (Λύκαιος Lykaios, ‘lobuno’) é asumido por Zeus só en relación coas Liceas, que eran as principais festas arcadias. Zeus tiña só unha relación formal como patrón do ritual. No mito fundacional do banquete de Licaón«Está relacionado co lobo mesmo no seu nome, Lykaon» (Burkert 1983:86). para os deuses que incluíu a carne dun sacrificio humano, quizais un dos seus fillos, Níctimo, ou o seu neto, Arcas, Zeus derrubou a mesa e golpeou a casa de Liceo cun raio, podendo ser o seu padroado nas Liceas pouco máis que un formalismoApolodoro, Biblioteca mitolóxica iii.98-99.Segundo Licofrón e outros.Segundo os Catasterismos, seguindo a referencia (perdida) de Hesíodo.Algunhas versións da historia do Diluvio comezaban por este episodio, por exemplo, Biblioteca mitolóxica iii.98-99; Ovidio, As metamorfoses i.240 e seg.; Hixino, Fábulas 176.Unha relación morfolóxica con lyke (‘brillo’) pode ser simplemente fortuíta, pero véxase Cook (1914), 63-69: «Zeus Lýkaios: Wolf-god or Light-god?.
O ritual era nocturno, a xulgar polo nome de Níctimo (νύξ nýx, ‘noite’). Os rumores sobre a cerimonia que circulaban entre os gregos xiraban en torno ao tema do sacrificio humano e o canibalismo: segundo Platón, certo clan reuniríase na montaña para realizar un sacrificio cada nove anos a Zeus Liceo, e mesturarían un único anaco de entrañas humanas coas do animalPlatón, A República, 565d-e.. Dicíase que quen comía a carne humana se transformaba nun lobo, e só podía recuperar a súa forma orixinal se non volvía comer carne humana ata que terminase o seguinte ciclo de nove anos. Pausanias falou do campión olímpico de boxeo Damarco de Parrasia, quen «se transformou nun lobo no sacrificio a Zeus Liceo, e cambiou de volta a un home no décimo ano tras isto», de onde Burkert afirma que, para que Damarco participase con éxito polo menos dez anos despois, os participantes no ritual deberon ser efebosPausanias vi.8.2Burkert (1983), 86 e seg..
Un santuario de Pan tamén estaba situado na montañaPausanias viii.38.5.. Segundo a tradición, Evandro, fillo de Hermes, guiou unha colonia desde Palantion en Arcadia até Italia, onde construíu a cidade homónima no monte Palatino e introduciu o culto a Pan Liceo e as festas das Liceas, que máis tarde se converterían nas importantes festas romanas das LupercaisCook (1914), citando a Kourouniotes vía .
Porfirio contaba que Teofrasto comparara o sacrificio «nas Liceas de Arcadia» cos sacrificios cartaxineses a MolochPorfirio, De abstinentia ab esu animalum..
Había varias sedes. Na cima do monte Liceo Pausanias viu o altar a Zeus formado por unha morea de cinzas, pero, como asistir ao rito era imposíbel, foi obrigado a «deixalo como estaba e como estivo desde o principio»Para as moreas de cinza primitivas nos lugares de sacrificios, véxase Pausanias viii.38.7..
Preto da antiga morea de cinzas onde os sacrificios tiñan lugar había un recinto prohibido onde, supostamente, ningunha sombra era xamais proxectadaOs arqueólogos modernos non atoparon restos humanos entre os detritos sacrificiais.Pausanias viii.38.6.. Estaba a cova de Rea, a Kretaia, onde segundo a lenda local naceu Zeus e foi coidado polas ninfas. Houbo xogos relacionados coa satisfactoria conclusión das Liceas, retirados no século -IV a Megalópolis, cando foi fundada no -371, que foi a primeira cidade de Arcadia. Alí houbo un importante templo dedicado a Zeus Liceo, aínda que os arcadios seguiron realizando sacrificios na cima do monte Liceo até a época de Pausanias (século II).
Apolo tamén tivo unha forma lobuna arcaica, Apolo Licio, adorada en Atenas no Λύκειον Lykeion ou Liceo, que terminaría sendo famoso como o lugar onde Aristóteles paseaba e ensinaba.
Notas
Categoría:Festas da Grecia antiga Categoría:Relixión da Grecia antiga