Eduardo Moreno López, nado en Madrid o 17 de abril de 1870 e finado en Ourense o 21 de novembro de 1911, foi un xeógrafo e profesor español.
Traxectoria Fillo de Alfonso Moreno Espinosa, catedrático de Historia e Xeografía no Instituto de Cádiz. Foi catedrático de xeografía no Instituto de Ourense (1898-1909), e director e secretario do Instituto. Promoveu dende o Partido Republicano a creación da Escola Laica Neutral de Ourense (1908) e a Universidade Popular de Ourense.
O seu alumno Ramón Otero Pedrayo adicoulle o primeiro capítulo do seu "libro dos amigos".
Obras Medios prácticos de difundir la cultura en la provincia de Orense, 1906. Las partes del mundo y los estados de Europa. Ensayo de un compendio científico de Geografía descriptiva, 1908. Geografía general y de Europa.
Vida persoal Casou en 1899 con Isabel Fábrega Coello, irmá de Luís Fábrega Coello.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Exposición sobre D. Eduardo Moreno López El geógrafo ourensano Eduardo Moreno López
Categoría:Pedagogos de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1911