Venancio Vázquez López, nado en Sarria e finado na mesma vila o 23 de xuño de 1921,La Integridad, 27-6-1921, p. 2. foi un industrial e político galego.
Traxectoria En 1859, con 22 anos, instalouse en Madrid e coa axuda do seu tío Matías López López, converteuse nun próspero industrial dedicado á fabricación de chocolates e galletas.El Norte de Galicia, 25-6-1921, p. 1. A través da Unión Mercantil axudou aos damnificados polo terremoto de Granada en 1884 e especialmente aos de Santa Cruz de Alhama, concello do que foi nomeado fillo adoptivo. Liberal moretista, foi tenente de alcalde de Madrid e foi elixido deputado polo distrito de Madrid nas eleccións de 1901. Foi o primeiro presidente do Centro Gallego de Madrid. Pasou os seis últimos anos de vida en Sarria, acompañado do seu secretario, Federico Culebras.
A súa residencia de verán, un palacete afrancesado coñecido como Vila Aurelia, é a sede da sociedade cultural e recreativa La Unión dende 1931.
Vida persoal miniatura|300px|Vila Aurelia. Celebrou un casamento con Maria Dores Rodríguez y Cubas. Tivo por fillos a Dores, Guillerme, Anxo e Venancio Vázquez Rodríguez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas El sarriano que resucitó un pueblo
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Concelleiros de Madrid Categoría:Nados en Sarria Categoría:Finados en 1921