O Gran Premio de México de 1988 de Fórmula 1 celebrouse na Cidade de México o 29 de maio de 1988. A carreira, que foi a cuarta da Fórmula Un de . Foi o 12º Gran Premio de México e o terceiro desde o regreso ao calendario do Mundial do Autódromo Irmáns Rodríguez, logo da súa renovación.
Resumo
Cualificación A cualificación para o Gran Premio de México viu algunhas sorpresas. Esperábase que os automóbiles propulsados con motor turbo dominaran no circuíto a 2240 m. de altitude, onde os coches con aspiración natural perderían aproximadamente o 20-25% da súa potencia debido ao aire máis fino.
Os McLaren - Honda dominaron a sesión de cualificación, unha vez máis. Ayrton Senna logrou a pole por diante de Alain Prost cun tempo de volta que foi case un segundo máis rápido que o tempo de Nigel Mansell en 1987 malia a restrición no turbo que pasou de 4,0 bar e 2,5 bar para o ano 1988 (unha caída de aproximadamente ). Foi a primeira vez en 1988 que mellorouse o tempo dunha pole de 1.987. Gerhard Berger (Ferrari) e Nelson Piquet (Lotus - Honda), formaron a segunda fila. Satoru Nakajima (Lotus-Honda) e Eddie Cheever (Arrows - Megatron) fixeron un bo uso da vantaxe da altitude dos turbos para cualificar 6º e 7º, respectivamente, detrás do quinto posto do Ferrari de Michele Alboreto. Para Nakajima era unha especie de redención despois de non lograr clasificarse en Mónaco. Mansell no Williams - Judd só puido facer 14ª, debido aos continuos problemas coa suspensión activa do FW12.
Alessandro Nannini no Benetton - Ford foi o máis rápido dos atmosféricos, uns 3´3 segundos máis lento que a pole de Senna, mentres que os Tyrrells de Jonathan Palmer e Julian Bailey, o Osella turbo de Nicola Larini e o Minardi de Adrián Campos non se clasificaron. O alemán Bernd Schneider cualificou no posto 15º na súa primeira saída nun Gran Premio no Zakspeed turbo.
A última sesión de cualificación estivo marcada polo espectacular accidente de Philippe Alliot logo de perder o control do seu Lola, na saída da curva Peraltada que conduce á recta de boxes (a Peraltada, sendo lixeiramente peraltada, estaba tomándose a velocidades de máis de 240 km/h na cualificación). Logo de montarse sobre a contención exterior, o coche de súpeto virou a dereita, atravesou a pista e chocou contra o muro de boxes, deu unha volta sobre si mesmo na recta batendo no outro lado da pista, inmediatamente desintegrouse, para finalmente quedar parado boca a baixo no medio da pista. Sorprendentemente, Alliot resultou ileso, e o equipo Larrousse foi capaz de reconstruír o coche durante a noite e Alliot foi capaz de tomar o seu lugar na grella de saída.
Carreira A primeira saída abortouse debido a que Alessandro Nannini, calou o motor do seu Benetton na grella. Na segunda saída, Prost fixo a mellor saída e tomou a dianteira. Senna resultou lixeiramente freado pola apertura da válvula de sobre presión demasiado pronto e pasouno Nelson Piquet. Isto permitiu a Prost aproveitar e construír unha vantaxe de case dous segundos no final da primeira volta. Senna pasou a Piquet para a segunda posición na entrada da curva Peraltada na primeira volta, pero non puido salvar a brecha cada vez maior con Prost. Mentres que os McLaren marchaban nos dous primeiros lugares durante toda a carreira, Berger pasara a Piquet polo 3º lugar na freada ao final da recta principal, e á metade da distancia de carreira tiña unha vantaxe de tres segundos con Senna cando se freou logo de recibir unha advertencia de "baixo nivel de combustible" (que resultou ser incorrecta). Nakajima resultou lixeiramente freado pola apertura da válvula de sobre presión demasiado pronto e pasouno Michele Alboreto na volta 8. Na volta 28 Nakajima retirouse cun fallo nun pistón do motor do seu Honda, seguido na volta 59 polo seu compañeiro Piquet cun fallo de motor similar.
Así, os dous Ferrari terminaron 3º e 4º por diante dos dous Arrows de Derek Warwick e Eddie Cheever que tiveron un longo duelo na carreira e que quedaron separados por tan só 0,7 segundos na liña de meta. Os primeiros coches 'atmosféricos' en meta foron os dous Benetton que terminaron dúas voltas por detrás e fóra dos puntos en 7º e 8º lugar, logo doutro longo duelo durante a carreira con Nannini que saíu diante, loitando non só co seu compañeiro de equipo, senón cun nervio beliscado no pé dereito. Yannick Dalmas (Lola-Ford) abriuse paso desde o posto 22º ata o 9º final e despois a partir do 15º, Bernd Schneider colocouse 11º nas primeiras voltas antes de retirarse cunha rotura de motor na volta 17.
Alain Prost estableceu unha nova marca de volta na volta 52 das 67 voltas da carreira cun tempo de 1:18.608, medio segundo máis rápido que a marca do ano anterior 1987 de Nelson Piquet, cando os motores turbo tiñan aproximadamente 300 cabalos máis de forza, que mostrou os avances nos motores, pneumáticos, a aerodinámica e o desenvolvemento do chasis nos sete meses entre as carreiras de 1987 e 1988.
Clasificación
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 12 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:17.468 1:17.666 — 2 11 Alain Prost McLaren-Honda 1:18.097 1:18.301 +0.629 3 28 Gerhard Berger Ferrari 1:19.725 1:18.120 +0.652 4 1 Nelson Piquet Lotus-Honda 1:20.380 1:18.946 +1.478 5 27 Michele Alboreto Ferrari 1:20.328 1:19.626 +2.158 6 2 Satoru Nakajima Lotus-Honda 1:21.694 1:20.275 +2.807 7 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 1:21.691 1:20.475 +3.007 8 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:20.740 1:21.403 +3.272 9 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 1:20.775 1:21.403 +3.307 10 16 Ivan Capelli March-Judd 1:22.335 1:21.952 +4.484 11 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 1:22.164 1:22.029 +4.561 12 22 Andrea de Cesaris Rial-Ford 1:22.864 1:22.245 +4.777 13 30 Philippe Alliot Lola-Ford 1:22.348 1:22.557 +4.880 14 5 Nigel Mansell Williams-Judd 1:23.246 1:22.363 +4.895 15 10 Bernd Schneider Zakspeed 1:24.335 1:22.642 +5.174 16 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:22.801 5:30.133 +5.333 17 6 Riccardo Patrese Williams-Judd 1:24.142 1:22.972 +5.511 18 9 Piercarlo Ghinzani Zakspeed 1:25.375 1:23.078 +5.610 19 14 Philippe Streiff AGS-Ford 1:23.191 1:23.750 +5.723 20 25 René Arnoux Ligier-Judd 1:24.315 1:23.287 +5.819 21 31 Gabriele Tarquini Coloni-Ford 1:24.662 1:23.603 +6.135 22 29 Yannick Dalmas Lola-Ford 1:24.279 1:23.606 +6.138 23 36 Alex Caffi Dallara-Ford 1:25.564 1:23.716 +6.248 24 26 Stefan Johansson Ligier-Judd 1:25.277 1:23.721 +6.253 25 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:23.911 1:23.857 +6.389 26 32 Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 1:23.405 1:24.032 +6.564 NSC 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:24.390 1:24.849 +6.922 NSC 21 Nicola Larini Osella 1:24.405 1:24.408 +6.937 NSC 4 Julian Bailey Tyrrell-Ford 1:25.525 1:25.231 +7.763 NSC 23 Adrián Campos Minardi-Ford 1:26.696 1:26.058 +8.590 EXC 33 Stefano Modena EuroBrun-Ford
Carreira Pos Nº Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Alain Prost McLaren-Honda 67 1:30:15.737 2 9 2 12 Ayrton Senna McLaren-Honda 67 + 7.104 1 6 3 28 Gerhard Berger Ferrari 67 + 57.314 3 4 4 27 Michele Alboreto Ferrari 66 + 1 volta 5 3 5 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 66 + 1 volta 9 2 6 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 66 + 1 volta 7 1 7 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 65 + 2 voltas 8 8 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 64 + 3 voltas 11 9 29 Yannick Dalmas Lola-Ford 64 + 3 voltas 22 10 26 Stefan Johansson Ligier-Judd 63 + 4 voltas 24 11 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 63 + 4 voltas 25 12 14 Philippe Streiff AGS-Ford 63 + 4 voltas 19 13 32 Oscar Larrauri Euro Brun-Ford 63 + 4 voltas 26 14 31 Gabriele Tarquini Coloni-Ford 62 + 5 voltas 21 15 9 Piercarlo Ghinzani Zakspeed 61 + 6 voltas 18 16 16 Ivan Capelli March-Judd 61 + 6 voltas 10 Ret 1 Nelson Piquet Lotus-Honda 58 Motor 4 Ret 22 Andrea de Cesaris Rial-Ford 52 Caixa de cambios 12 Ret 2 Satoru Nakajima Lotus-Honda 27 Motor 6 Ret 5 Nigel Mansell Williams-Judd 20 Motor 14 Ret 10 Bernd Schneider Zakspeed 16 Motor 15 Ret 6 Riccardo Patrese Williams-Judd 16 Motor 17 Ret 25 René Arnoux Ligier-Judd 13 Accidente 20 Ret 36 Alex Caffi Dallara-Ford 13 Freos 23 Ret 15 Maurício Gugelmin March-Judd 10 Eléctrico 16 Ret 30 Philippe Alliot Lola-Ford 0 Suspensión 13 NSC 23 Adrián Campos Minardi-Ford NSC 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford NSC 21 Nicola Larini Osella NSC 4 Julian Bailey Tyrrell-Ford EX 33 Stefano Modena Euro Brun-Ford Excluído
Notas Stefano Modena foi excluído debido a un aleron ilegal. Ningún dos Tyrrell logrou clasificarse.
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Alain Prost 33 2 Gerhard Berger 18 3 Ayrton Senna 15 4 Michele Alboreto 9 5 Nelson Piquet 8
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda48 2 Ferrari27 3 Lotus-Honda9 4 Arrows-Megatron9 5 Benetton-Ford4
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos de ambos grupos de clasificación.
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1988 Categoría:Gran Premio de México de Fórmula 1