O Estádio do Campo Grande foi un estadio situado en Lisboa, Portugal. Foi usado principalmente para partidos de fútbol e albergou os partidos como local do Sporting Clube de Portugal e despois do Sport Lisboa e Benfica. O estadio tiña capacidade para 25 000 persoas e foi aberto en 1912 como campo do Lisboa FC. En 1917, o Lisboa FC deixou o estadio e pasou a ser usado polo Sporting de Portugal, que o usou ata 1937, deixándoo daquela polo Estádio do Lumiar.

En 1941 pasou a ser utilizado polo Benfica despois de que o Estádio das Amoreiras fose demolido para construír unha autoestrada. Foron precisas obras de reconstrución. Pechou en 1954 cando o foi aberto o Estádio da Luz orixinal.

Notas

Categoría:Estadios de fútbol de Portugal Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Arquitectura de Lisboa Categoría:Deporte en Lisboa