Claudia Piñeiro, nada en Burzaco o 10 de abril de 1960, é unha guionista de televisión, novelista e dramaturga arxentina.

Traxectoria Traballou como administrativa no sector privado e na Universidade de Buenos Aires. É principalmente coñecida por ser a autora de Un ladrón entre nosotros, Tuya, Las viudas de los jueves (Premio Clarín de Novela), Elena sabe e Las grietas de Jara (Premio Sor Juana Inés de la Cruz). As súas obras foron traducidas a varios idiomas e algunhas tamén foron adaptadas ao cinema. Alejandro Doria comezou a pre-produción do filme Tuya, baseado na novela,Tuya en CineNacional.com. Consultado o 11 de xullo de 2017, pero a súa morte impediulle facelo. A película Tuya foi finalmente estreada en 2015 baixo a dirección e guión adaptado de Edgardo González Amer. Tamén escribe unha columna titulada "Los jueves de Claudia Piñeiro" no Suplemento Literario Telam.

Obras Narrativa El secreto de las rubias (1991) Serafín, el escritor y la bruja (2000) Un ladrón entre nosotros (2004) Tuya (2005) Las viudas de los jueves (2005) Elena sabe (2006) Las grietas de Jara (2009) El fantasma de las invasiones inglesas (2010) Betibú (2011) Un comunista en calzoncillos (2013) Una suerte pequeña (2015) Las maldiciones (2017) Quién no (2018). Alfaguara "Lady Trópico", en Hombres (y algunas mujeres), revista Zenda, 2019. Conto Catedrales (2020). Alfaguara. Novela.

Teatro Cuánto vale una heladera (2004) Un mismo árbol verde (2006) Verona (2007) Morite, gordo (2008) Tres viejas plumas (2009)

Premios Finalista do Premio La Sonrisa Vertical 1991 (Tusquets Editores) con El secreto de las rubias Premio Pléyade 1992 á mellor nota periodística publicada ese ano en revistas femininas Seleccionada no Concurso Editorial Edebé de Barcelona a obra infantil Serafín, el escritor y la bruja Finalista do Premio Planeta Argentina 2003 coa novela Tuya Premio Latinoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil 2005 por Un ladrón entre nosotros Premio Clarín de Novela 2005 por Las viudas de los jueves Mención no Concurso Emilia de teatro de Humor de Hueney, Zapala Premio ACE 2007 á mellor obra de autor nacional por Un mismo árbol verde Premio LiBeraturpreis 2010 por Elena sabe Premio Sor Juana Inés de la Cruz 2010 por Las grietas de JaraFriera, Silvina (2010): "Premio para “Las grietas de Jara”", artigo do 4 de novembro de 2010 do diario Página/12. Consultado o 11 de xullo de 2017. Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia en 2014.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Claudia Piñeiro en ''Alternativa Teatral. Consultado o 11 de xullo de 2017.

Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Escritores en lingua castelá