Antonio Stradivari, nado no ano 1644 en Cremona, Lombardía e finado o 18 de decembro de 1737, foi un luthier italiano especialista en instrumentos de corda como violíns, violoncellos, guitarras, violas e arpas.http://www.britannica.com/biography/Antonio-Stradivari Biografía en britannica.com
Stradivari está considerado como o mellor e máis importante artesán no seu campo. A forma latinizada do seu apelido, Stradivarius, utilízase para referirse aos seus instrumentos. Estímase que ao longo da súa vida produciu 1 116 instrumentos, dos que 960 foron violíns. Tamén se estima que arredor de 650 deses instrumentos aínda se conservan, dos que entre 450 e 512 son violíns.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Stradivarisociety
Categoría:Nados en 1644 Categoría:Nados na provincia de Cremona Categoría:Finados en 1737 Categoría:Stradivarius Categoría:Lutieres