O macaco xaponés (Macaca fuscata) é unha especie da familia dos cercopitécidos nativa do Xapón. Trátase do primate non humano que vive máis ao norte do mundo. De feito é o único adaptado a un clima frío, xa que os macacos xaponeses adoitan vivir en zonas onde a neve cobre a paisaxe durante varios meses cada ano.Jigokudani Monkey Park, Nagano: Explore the Heart of Japan Posúen unha pelaxe entre marrón e gris, a face vermella e colas curtas.

No Xapón é coñecido polo nome de Nihonzaru (Nihon 日本 "Xapón" + saru 猿 "mono") para diferencialo doutros primates, mais o macaco xaponés é tan familiar no país que cando os xaponeses din simplemente saru adoitan referirse ao macaco xaponés.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Macaca fuscata en Iucnredlist.org

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1875 Categoría:Fauna endémica do Xapón