O río Outón é un afluente do Grande pola marxe dereita. A fervenza de Entrecruces atópase no seu curso.
Curso Nace a 422 m ó pé do monte Alborín, preto de Ferrol, Rus (Carballo) e pasa polo Outón (Carballo) e pola Torre (Tordoia). Na ponte de Ouxas recibe pola dereita o río de Calvos e pola esquerda o río Cativo, nunha paraxe dominada polo castro de Ouxas. A partir deste punto descende rapidamente para formar un pequeno canón na presa de Sánchez (antiga central hidroeléctrica de 1915 que abasteceu a Carballo), que remata na fervenza de Entrecruces, un conxunto de saltos naturais de 50 m de altura total. Finalmente descende entre rápidos ata o val do río Grande, onde desemboca entre San Paio e Férveda, na parroquia de Entrecruces (Carballo).
Galería de imaxes
Notas
Outón Categoría:Carballo Categoría:Tordoia