A tempada 2015-16 da NLA foi a 94ª edición do Campionato suízo de hóckey a patíns. A competición comezou o día 9 de setembro de 2015 e a liga regular finalizou o 2 de abril de 2016 co RHC Diessbach á cabeza da competición. Os play-offs comezaron o 9 de abril de 2016 e finalizaron o 28 de maio de 2016 coa disputa da final. Ao finalizar a tempada o RHC Diessbach alzou o seu segundo título de liga logo do conquistado na tempada 2012-13, mentres que o RHC Vordemwald descendeu á segunda categoría, a LNB, logo de finalizar na derradeira posición da clasificación e perder no play-out fronte ao RHC Wimmis. Pola súa banda Kissling Pascal (Diessbach) converteuse no máximo goleador da competición tras anotar un total de 42 goles (27 na liga regular e 15 nos play-offs).

Equipos Na tempada 2015-16 participaron na competición un total de dez equipos: nove deles foron equipos suízos e un foi alemán (RSV Weil). Entre os equipos suízos houbo unha destacada presenza de equipos procedentes do Cantón de Berna, que achegou un terzo dos equipos suízos en competición.

NomeCidadeCantónPaísFundaciónCampionatos RS Basel 15px Basilea 15px Basilea-Cidade 1939 2 RC Biasca 15px Biasca 15px Tesino 1985 0 RHC Diessbach 15px Diessbach bei Büren 15px Berna 1984 2 Genève RHC 15px Xenebra 15px Xenebra 1939 12 Montreux HC 15px Montreux 15px Vaud 1911 48 RHC Uri 15px Seedorf 15px Uri 1988 0 RSC Uttigen 15px Uttigen 15px Berna 1980 5 RHC Vordemwald 15px Vordemwald 15px Argovia 1987 0 RSV Weil 15px Weil am Rhein 15px Baden-Württemberg 1952 1 RHC Wimmis 15px Wimmis 15px Berna 1975 1

Liga regular A liga regular da NLA comezou o 9 de setembro de 2015 coa disputa da primeira xornada e finalizou o 2 de abril de 2016 tras completarse as 18 xornadas. O sistema de puntuación empregado non permite os empates e outorga os seguintes puntos:

Vitoria: 3 puntos. Vitoria finalizado o tempo regulamentario: 2 puntos. Derrota finalizado o tempo regulamentario: 1 punto. Derrota: 0 puntos.

Ao final da liga regular o RHC Diessbach proclamouse campión da mesma, liderando a táboa clasificatoria cun total de 47 puntos, o que supón unha vantaxe de 14 puntos respecto do segundo clasificado, o Montreux HC, e tendo perdido tan só dous partidos. Pola súa banda, o RHC Vordemwald pechou a táboa con tan só catro vitorias e 11 puntos.

Clasificación PosEquipoPtsPXPGVPDPPPGFGCDG1RHC Diessbach47 18 15 1 0 2 83 31 +522 Montreux HC33 18 10 1 1 6 78 57 +213Genève RHC32 18 9 2 1 6 88 59 +294RS Basel30 18 8 2 2 6 75 87 -125RSC Uttigen29 18 8 2 1 7 78 69 +96RSV Weil27 18 5 5 2 6 59 69 -107RC Biasca26 18 8 1 0 9 61 65 -48RHC Uri18 18 4 4 1 9 54 81 -279RHC Wimmis17 18 4 0 5 9 52 67 -1510RHC Vordemwald11 18 2 2 1 14 57 100 -43

Lenda <small> Pts = Puntos totais PX = Partidos xogados PG = Partidos gañados VP = Vitoria finalizado o tempo regulamentario DP = Derrota finalizado o tempo regulamentario PP = Partidos perdidos <small> GF = Goles a favor GC = Goles en contra DG = Diferenza de goles (GF-GC) Resaltado en verde = Equipos clasificados para os play-offs. Resaltados en vermello = Equipos que xoga o play-out. 

Resultados Fonte: Federación Suíza de Hóckey a Patíns

Clubs BAS BIA DIE GEN MON URI UTT VOR WEI WIM RS Basel4:23:16:7 n.V.5:38:64:86:44:5 n.P.6:4 RC Biasca4:53:61:64-37:12:17:14:3 n.V.3:1 RHC Diessbach7-23:07:26:16:13:14:06:16:1 Genève RHC7:35:15:66:14:3 n.V.4:5 n.V.6:21-27:4 Montreux HC7:36:23:24:17:45:210:32:3 n.V.4:3 RHC Uri6-24:11:2 n.V.1:101:46-73:10:23:2 RSC Uttigen8:24:52:72:55:34:3 n.V.6:47:16:1 RHC Vordemwald4:5 n.V.2:33:63:70:98:52:46:5 n.V.5:4 n.V. RSV Weil2:46:102:33:24:24:3 n.V.6:5 n.V.4:63:2 n.V. RHC Wimmis2:3 n.V.4:20:25:33:4 n.P.2:3 n.P.6:16-32:3

Vitoria local Vitoria visitante

Máximos goleadores Ao final da liga regular o máximo goleador da competición foi Kissling Pascal, do RHC Diessbach cun total de 27 goles. A seguinte táboa mostra os cinco máximos goleadores da tempada:

XogadorEquipoGoles Kissling Pascal RHC Diessbach 27 Garcia Mendez Federico Genève RHC 25 Ré Cleto RC Biasca 25 Moor Sandro RHC Vordemwald 23 Lourenco Ribeiro Rui Miguel RSC Uttigen 20 Schaffer Robin RSC Uttigen 20

Play-off Á finalización da liga regular, os oito primeiros equipos da táboa clasificáronse para os play-offs polo título, que comezaron o 9 de abril de 2016. Todas as series consistiron en enfrontamentos ao mellor de tres encontros con vantaxe de campo para o equipo mellor clasificado na liga regular, coa excepción da final, que se disputou a partido único o 28 de maio de 2016 ás 21h no CIS Halle de Solothurn ante 1020 espectadores.

Logo dos play-offs o RHC Diessbach conseguiu alzarse co título de liga logo de derrotar ao Genève RHC na final por 4 goles a 1. O equipo de Xenebra chegaba á final sen perder ningún partido e tendo encaixado tan só 10 goles fronte aos 22 anotados nas dúas roldas anteriores. Pola súa banda, o equipo de Diessbach bei Büren precisara dos tres encontros da rolda de cuartos de final e semifinais. O máximo anotador dos play-offs foi Kissling Pascal, que anotou 15 goles en sete partidos para o RHC Diessbach.

Cadro

Resultados Fonte: Federación Suíza de Hóckey a patíns

Cuartos RHC Diessbach (2) vs RHC Uri (1)

Genève RHC (2) vs RSV Weil (0)

Semifinais DRHC Diessbach (2) vs RSC Uttigen (1)

Play-out Os dous últimos clasificados da liga regular foron o RHC Wimmis e o RHC Vordemwald, que se enfrontaron no play-out para manter a categoría, resultando gañadores os de Wimmis logo de tres vitorias consecutivas, polo que o RHC Vordemwald descendeu á LNB. O máximo anotador das series pola permanencia na máxima categoría do hóckey a patíns suízo foi Wirth Dominic (RCH Wimmis), que anotou sete goles en dous partidos.

Resultados

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Federación Suíza de Hókey a Patíns

Categoría:Tempadas da NLA (hóckey a patíns)