Lasiorhinus é un xénero de mamíferos marsupiais da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos,Lasiorhinus no MSW. coñecidos na bibliografía internacional como uombats de fociño peludo.
Na actualidade sobreviven dúas especies deste xénero, que viven nos bosques das montañas de Australia, onde escavan grandes tobos: o uombat de fociño peludo do norte e o uombat de fociño peludo do sur.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1863 polo zoólogo británico John Edward Gray en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 3, 11: 458, sendo a súa especie tipo Lasiorhinus mcoyi (= Phascolomys latifrons Owen, 1845 = Lasiorhinus latifrons Owen, 1845).
Etimoloxía O termo Lasiorhinus está formado polos elementos do latín científico lasio-, tirado do grego antigo λάσιος lásios, 'peludo' e -rhinus, derivado do grego antigo ῥίς ῥινός rhís, rhinós, 'nariz'. Literalmente: 'os do nariz peludo'.Lasiorhinus no Webster's Third New International Dictionary of the English Language. ISBN 978-0-8777-9201-7.
Especies Segundo o Mammal Species of the World na actualidade recoñécense as seguintes dúas especies, coas subespecies indicadas: Lasiorhinus krefftii (Owen, 1873) - uombat de fociño peludo do norte. Lasiorhinus krefftii krefftii Owen, 1873 Lasiorhinus krefftii krefftii en MSW Lasiorhinus krefftii gillespiei DeVis, 1900 Lasiorhinus krefftii gillespiei en MSW. Lasiorhinus krefftii barnardi Longman, 1939 Lasiorhinus krefftii barnardi en MSW. Lasiorhinus latifrons (Owen, 1845) - uombat de fociño peludo do sur.
O uombat de fociño peludo do norte, que antigamente vivía en numerosas rexións áridas e semiáridas de Australia, desde o centro-sur de Nova Gales do Sur até o centro de Queensland, está actualmente restrinxida ao Parque Nacional Epping Forest, onde ten unha área de dispersión dunhas 500 ha. miniatura|250px|Lasiorhinus krefftii.
A súa poboación actual (2016) é de tan só 115 animais, e caera a 30 ou 40 individuos na década de 1980, pero a exclusión do gando en 1982 conducíu a un aumento constante no número de individuos. Os períodos de seca poden reducir grandemente a poboación. Por iso a UICN cualificou o status desta especie como CR (en risco crítico de extinción).Taggart, D.; Martin, R. & Horsup, A. (2008): Lasiorhinus krefftii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 1 de maio de 2016.
En cambio, o status do uombat de fociño peludo do sur, que está amplamente distribuído no sur de Australia do Sur, ao oeste do río Murray, e parcialmente distribuído nas penínsulas de Cabo York e de Eyre, e tamén está presente na chaira de Nullarbor en Australia Occidental, e con dúas pequenas colonias en Nova Gales do Sur é cualificado como LC (pouco preocupante), debido a que a súa área de dispersión expandiuse nos últimos 45 anos, e aínda que hai gromos esporádicos de sarna sarcóptica, que sofre a competencia dos herbívoros introducidos, é susceptíbel á seca, e a súa poboación está moi fragmentada en partes da súa área de dispersión, a especie ten unha distribución ampla, a súa poboación é grande, encóntrase nun bo número de áreas protexidas, polo que non é probábel que a diminución dos seus efectivos alcance a velocidade necesaria como para cualificala nunha categoría ameazada.Taggart, D. & Robinson, T. (2008): Lasiorhinus latifrons na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 1 de maio de 2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Vombatiformes Vombátidos
Ligazóns externas Lasiorhinus Gray 1863 (hairy-nosed wombat) en Fossilworks. Lasiorhinus Gray, 1863 no ITIS. Lasiorhinus na ADW. Lasiorhinus na EOL. Lasiorhinus na NCBI.
Categoría:Marsupiais