Pura Tejelo Núñez, nada na Coruña en 1953, é unha poeta galega.
Traxectoria Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como docente en bacharelato dando clase de lingua galega. Ocupou cargos de xestión na Agrupación Cultural O Facho. Estudou debuxo e deseño publicitario na Escola Picasso da Coruña.
En 2014 gañou o segundo premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María coa obra Éramos deuses entre a herba seca de agosto. En 2016 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario A elegancia do século. Tamén publicou nas revistas Dorna e Festa da Palabra Silenciada. En 2021 o Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía Galega na súa 29ª edición.
Participou no ciclo Poetas Di(n)versos o 28 de febreiro do 2022 xunto coa escritora colombiana Piedad Bonnett.
Obras A elegancia do século (2017. Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-154-9 (2ª). As Horas de Hanna (2019). Pontevedra: Urutau. 96 páxs. ISBN 978-85-7105-152-2. miniatura|Con Neves Soutelo e Silvia Penas na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2023Novembro (2021). Pontevedra: Urutau. 96 páxs. ISBN 978-65-5900-154-5. Vestidos de organdí (2024). Vigo: Belagua Ed. 92 páxs. ISBN 978-84-128106-9-1. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Poetas Di(n)versos con Pura Tejelo Recitando na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2023
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1953