Carlo Cattaneo, nado en Milán o 15 de xuño de 1801 e finado en Lugano o 6 de febreiro de 1869, foi un filósofo italiano.

Traxectoria miniatura|Memorie di economia pubblica dal 1833 al 1860, 1860.

Formado na tradición empirista de Romagnosi, ensinou durante un tempo no Ximnasio de Milán. En 1839 fundou o periódico mensual Il Politecnico, que se publicou ata 1844. Participou na insurrección de Milán de 1848 e exiliouse en París e Lugano. Nesta cidade suíza publicou unha nova etapa de Il Politecnico entre 1860 e 1863.

Cattaneo interesouse pola filosofía, a historia e as ciencias sociais, e en todas estas disciplinas aplicou un espírito empirista en gran positivista e en todo caso historicista. Opúxose fortemente ao espiritualismo e ao rosminianismo, correntes ás que acusou de subxectivas e de separar a teoría da práctica. Para el non hai en filosofía ningún principio universal e absoluto nin tampouco ningún método universal: hai pluralidade de nocións e pluralidade de métodos, cada un dos cales xustificable pola súa aplicabilidade. A filosofía non debe fuxir da práctica, que é á vez a realidade e a posibilidade da súa transformación por medios técnicos e científicos. O desenvolvemento social da Humanidade é o horizonte dentro do que transcorre o pensamento filosófico. O home é, dende os seus comezos, un ser social, de xeito que un exame do espírito humano é un exame do espírito asociado con outros. Chamouse por este motivo a Cattaneo un "positivista político". Por todo isto considérase que hai semellanzas entre as ideas de Cattaneo e algunhas correntes posteriores, como o pragmatismo.

Obra

Opere edite e inedite, 1881-1892, 7 volumes. Scritti completi editi e inediti, 1925 e seguintes. Invito agli amatori della filosofia, 1857. Idea di una psicologia della scienza, 1859, parte da incompleta Psicologia delle menti associate.

Véxase tamén Bibliografía José Ferrater Mora, Diccionario de Filosofía, Barcelona: Ariel, 2004, I.

Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1869 Categoría:Escritores de Italia Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana