Iaroslav Igorevich Starobogatov (en ), nado o 13 de xullo de 1932 e finado o 3 de decembro de 2004, foi un zoólogo ruso.
Traxectoria Foi profesor e director científico do Instituto Zoolóxico da Academia Rusa de Ciencias.
As súas investigacións centráronse na zooloxía dos invertebrados, principalmente nos moluscos (malacoloxía) e nos crustáceos (carcinoloxía).
Tamén foi moi importante a súa achega á sistemática dos organismos vivos, á micro e macroevolución e á bioxeografía da Unión Soviética e de todo o mundo.Khlebovich, V. V. (2005): "In memoriam of Yaroslav I. Starobogatov" Ruthenica 14: 105-106.
Describiu un gran número de novas especies animais.
Taxons nomeados na súa honra Neopilina starobogatovi Ivanov & Moskalev, 2007.Ivanov, D. L. & Moskalev, L. I. (2007): "Neopilina starobogatovi, a new monoplacophoran species from the Bering Sea, with notes on the taxonomy of the family Neopilinidae (Mollusca: Monoplacophora)". Ruthenica 17: 1-6.
Notas
Categoría:Científicos de Rusia Categoría:Zoólogos de Rusia Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Malacólogos de Rusia Categoría:Nados en Moscova