Guillermo Muñoz Muñoz, alcumado Hallulla, nado en San Felipe de Aconcagua (Valparaíso) o 25 de xaneiro de 1953 e finado o 11 de abril de 2016, foi un futbolista chileno. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección chilena.

Traxectoria Na tempada 1973–74 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou na oitava xornada, nun empate en Riazor fronte o Hércules CF (1–1) e logrou o seu primeiro tanto como branquiazul dúas xornadas despois, nunha vitoria fronte o Linares CF (3–0), anotando Muñoz o segundo tanto. Ese ano o club branquiazul descendeu a Terceira División, por única vez na súa historia.

Na tempada 1974/75 marcou 15 goles, sendo o terceiro máximo goleador do Grupo I de Terceira, só por detrás de San Cayetano do Ensidesa, e do seu compañeiro de equipo Alfonso Castro. En agosto de 1975, durante un adestramento, sufriu unha grave lesión de xeonllo que truncou a súa carreira. Permaneceu no club coruñés até a tempada 1978–79, de novo en Segunda División, mais sen xogar ningún partido nas campañas 1975/76 e 1976/77. Conseguiu volver aos campos e xogou unha tempada e media co Fabril, ata finais de 1978.

En 1979 adestrou brevemente ao Bergantiños, antes de regresar a Chile, onde militou en Santiago Wanderers, Universidad Católica e Unión San Felipe, retirándose neste último.

Faleceu en Valparaíso o 11 de abril de 2016.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Entrevista no xornal El Trabajo

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados na rexión de Valparaíso Categoría:Futbolistas de Chile Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Santiago Wanderers Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Club Deportivo Universidad Católica Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Chile Categoría:Adestradores de fútbol de Chile Categoría:Adestradores do Bergantiños FC