A foca mediterránea, ás veces foca monxe, (Monachus monachus) é unha especie pertencente á familia dos fócidos.
Características Os machos poden acadar os 3,40 metros de lonxitude, namentres as femias non pasan dos 2,50 metros. O lombo é escuro, sendo a parte ventral máis pálida. Non ten orellas e posúe unhas unllas fortes nas aletas dianteiras. Habita en costas e areais do mar Mediterráneo, en lugares de difícil acceso. É unha especie diúrna, sedentaria, que vive en pequenas colonias. Aliméntase de peixes, luras e crustáceos.
Distribución Antigamente estendíase por todo o mar Mediterráneo e o mar Negro. Tamén estaba presente nas costas atlánticas de Marrocos, chegando ata as Illas Canarias e Madeira. A comezos do século XXI só sobreviven uns 500 exemplares. Trátase dunha especie en grave risco de extinción.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gran Guía de la Naturaleza: Mamíferos. Helga Hofmann. Editorial Everest .
Categoría:Pinnípedes Categoría:Especies en perigo de extinción