Micaela Chao Maciñeira, nada en Viveiro en 1892 e finada na Coruña o 27 de novembro de 1928, foi unha política galega.
Traxectoria Da familia de Federico Maciñeira Pardo de Lama, era irmá de Teresa Chao Maciñeira, participou no acto fundacional das Irmandades da Fala, formou parte da delegación das Irmandades que viaxou a Cataluña en 1917. Actuou en diversas pezas teatrais do Conservatorio Nazonal do Arte Gallego e foi a principal animadora da constitución en agosto de 1918 da Sección Feminina da Irmandade coruñesa, da que foi a súa primeira conselleira primeira.
Casou en 1913 con Antón Villar Ponte ao que coñeceu en Cuba.
Finou a consecuencia dunha nefrite contra a que nada puideron os médicos Urbano Losada e Búa.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Actores de teatro de Galicia