Harana (en castelán: Valle de Arana e oficialmente Harana/Valle de Arana) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Campezo-Montaña Arabesa e tiña en 2015 unha poboación de 242 habitantes.

O topónimo en castelán Valle de Arana é probablemente un pleonasmo. O seu significado sería Val do Val, xa que (h)arana significa val en éuscaro.

Está formado polas seguintes localidades: Alda, Kontrasta, San Vicente de Arana/Done Bikendi Harana e Ullíbarri-Arana/Uribarri-Harana. A capital é Alda.

Demografía

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Concellos de Áraba Categoría:Topónimos con etimoloxía