A festa do Corpus Christi celébrase con especial énfase na localidade pontevedresa de Ponteareas, sendo unhas das festas máis representativas do concello. A data da celebración é a fin de semana seguinte ao xoves do Corpus Christi. En 1980 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e en 2009 recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.
Durante as festas do Corpus, é característico a colocación de alfombras feitas con follas, flores e outros elementos naturais, recubrindo as principais e máis céntricas rúas da localidade. As alfombras permanecen intactas na súa confección, na madrugada do sábado, ata a procesión do domingo, que percorre todas as rúas decoradas con esta arte. Os preparativos para a confección destas comezan entre 30 e 40 días antes da celebración, e tradicionalmente eran realizadas polas mulleres da vila.
A vila de Ponteareas está irmandada coa vila canaria de La Orotava (Tenerife), onde tamén se realizan alfombras semellantes que cobren as súas rúas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Corpus Christi Festa da Coca de Redondela Ligazóns externas turismoponteareas.gal Información da celebración na páxina do Concello de Ponteareas. Miles de persoas visitan no Corpus Ponteareas e Ares. TVG
Categoría:Ponteareas Categoría:Festas cristiás Categoría:Festas de interese turístico de Galicia