RedIRIS é a rede española para Interconexión dos Recursos InformáticoS das universidades e centros de investigación. Como tal prové de servizos de conexión a Internet a devanditas institucións. Foi fundada no ano 1988 como un proxecto do entón Plan Nacional de I+D do Ministerio de Educación e Cienciahttp://www.rediris.es/rediris/ en colaboración con Telefónica a través da fundación Fundesco e actualmente está xestionada pola Entidade Pública empresarial Red.es e financiada polo Plan Nacional de I+D+i.

Historia Na súa primeira etapa, até 1990, o proxecto tivo como primeiro obxectivo a construción de infraestruturas para ter un sistema de comunicacións homoxéneo entre os centros universitarios e de investigación en rede.

A partir de 1994 o seu control pasa a mans do CSIC.

A privatización de Telefónica e a súa conversión en multinacional con intereses estritamente empresariais ten suposto o desenvolvemento dun equilibrio inestable para a xestión desta rede pública baseada fisicamente no cableado tendido por Telefónica.

Innovación: RedIRIS-NOVA dereita|miniatura|150x150px|Mapa da rede da fibra escura. dereita|miniatura|150x150px|Nome dos enlaces da fibra escura. RedIRIS-NOVA é a rede óptica de alta capacidade de RedIRIS, que conecta as redes rexionais de todas as comunidades autónomas e os principais centros de investigación de España co resto de redes académicas internacionais e en especial as redes académicas e de investigación portuguesa FCCN e a rede de investigación europea GÉANT. A fibra óptica permite despregar facilmente circuítos de 10G ou 40G e pronto de 100G, por un custo moi inferior ao modelo de rede baseado no alugamento de capacidade. Popularmente esta fibra óptica coñécese como fibra óptica escura, debido a que nas súas orixes era fibra óptica tendida con sobrecapacidade, sen uso, pensando en posibles aumentos futuros de uso.

RedIRIS-NOVA conecta máis de 50 puntos de presenza entre si, compondo unha rede mallada sobre a que se desprega a Red Troncal IP de RedIRIS e as redes autonómicas, para permitir a colaboración entre os investigadores e o desenvolvemento de servizos de última xeración.

O proxecto está financiado pola Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, cofinanciado polo Programa Operativo Sociedade do Coñecemento FEDER 2007-2013 (POEC) da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, e executado pola Entidade Pública Empresarial red.es, organismo encargado da xestión operativa de RedIRIS.

Forxa de Coñecemento Libre Entre os servizos que ofrece está a Forxa de Coñecemento Libre da Comunidade RedIRIS, que ofrece a toda a comunidade un repositorio para desenvolver iniciativas libres na contorna académica-científico universitario. Esta Forxa úsase, por exemplo, como forxa oficial no Concurso Universitario de Software Libre."Primer Concurso Universitario de Software Libre", por P. Neira, A. Rey Botello, F.J. Jordano y R. Tovar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fibra escura Ligazóns externas RedIRIS IRIS-Libre As redes académicas en España, artigo de Tomás P. de Miguel, director de RedIRIS, no Boletín da Sociedade da Información do Grupo Telefónica. RedIRIS-NOVA Rede Avanzada de Comunicacións para a Investigación Española Proxecto GÉANT Redes académicas e de investigación portuguesa FCCN

Categoría:Redes de computadores Categoría:Software libre