miniatura|A. maculatus. miniatura|A. chinensis.
Aulostomus é o único xénero de peixes mariños da familia Aulostomidae, incluídos na orde Syngnathiformes. Distribúense por augas tropicais do Atlántico, Índico e Pacífico.
O seu nome procede do grego: aulos (frauta) + stoma (boca), pola forma tan alongada da súa boca. Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno inferior, durante o Paleóxeno (era Cenozoica).
Morfoloxía Teñen un corpo comprimido e moi alongado, cunha lonxitude máxima rexistrada de 100 cm,http://www.fishbase.org/references/FBRefSummary.php?ID=26340 pel con escamas; a mandíbula inferior con barbas carnosas na punta; ben desenvolvida a liña lateral; a musculatura do corpo está soportada por postes óseos que parecen entrelazados, cunhas 60 vértebras.
Teñen unha serie de 8 a 12 espiñas dorsais illadas precedendo a aleta dorsal contendo de 23 a 28 raios brandos; aleta anal con 25 a 28 raios brandos; as aletas pelvianas están situadas lonxe do ano; a aleta caudal é redondeada.
Hábitat e modo de vida Normalmente atópase sobre arrecifes xunto a grandes peixes herbívoros ou en orientación vertical coa cabeza boca-abaixo, axexando así camuflados entre algas para capturar pequenos peixes e crustáceos.
Especies Existen só 3 especies nesta familia e xénero: Familia Aulostomidae: Xénero Aulostomus: Aulostomus chinensis (Linnaeus, 1766) Aulostomus maculatus (Valenciennes, 1841) Aulostomus strigosus (Wheeler, 1955)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Aulostomidae