miniatura|Monumento dedicado a Rosalía de Castro, punto final do mitin.|315x315px O mitin das arengas foi un acto celebrado o día da Patria en Santiago de Compostela en 1934 e 1935, organizado polos colectivos galeguistas do país. Nel interviron e participaron numerosas personalidades da cultura e a sociedade galega, como Ramón Piñeiro, Emilia Docet, Castelao, Alexandre BóvedaLiñares Girault, X. Amancio. Ramón Martínez López, ... Se tratabamos dos preparativos para restaurar o mitin das Arengas, entón lembrábase das dotes organizativas de Alexandre Bóveda, cando fitaba desafiante para o reloxo[...], Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Ánxel Casal ou Ramón Suárez Picallo.
Historia Celebrouse por vez primeira ás 11 da noite do 24 de xullo de 1934 na praza da Quintana, rematando na estatua de Rosalía de Castro da capital galega. Celebrouse tamén en 1935, cando apareceu por sorpresa Castelao, que se atopaba exiliado en Estremadura. Mais en 1936 non se chegou a levar a cabo por mor do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Durante a ditadura franquista foron abandonadas todo tipo de celebracións do día da Patria, ficando relegadas á emigración.
O mitin das arengas era fortemente criticado pola prensa polo seu carácter nacionalista galego e antiespañolista.<ref>Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel. Sempre en Galiza, ... O 25 de xullo do 1935 estabamos celebrando o mitin das Arengas na Quintana, e un patriota berrou "Viva España!"[...] Non tardei en ver en Madrid como "mozos separatistas" mallaban nun patriota por berrar "Viva España".</ref>
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Mítin das Arengas" Historia da literatura galega''. AS-PG.
Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:1934 en Galicia Categoría:1935 en Galicia