Soft Cell foi un dúo inglés de synthpop que se fixo famoso a comezos dos anos 80. Está composto polo vocalista Marc Almond e o instrumentista David Ball. O grupo é coñecido principalmente pola súa versión de 1981 do tema "Tainted Love" (que foi número 8 nos Estados Unidos, e polo seu álbum de estrea do mesmo ano Non-Stop Erotic Cabaret.

No Reino Unido tiveron dez éxitos Top 40, incluídos "Tainted Love" (nº 1), "Torch" (nº 2), "Say Hello, Wave Goodbye" (nº 3), "What!" (nº 3) e "Bedsitter" (nº 4), ademais de ter catro álbums no Top 20 entre 1981 e 1984. En 1984 Soft Cell separouse, pero reformaríase de 2001 a 2004 para xirar e gravar novo material, publicando o seu quinto álbum, Cruelty Without Beauty, en 2002.

Cancións de Soft Cell foron versionadas por varios artistas, como Nine Inch Nails, David Gray, Nouvelle Vague, Marilyn Manson ou A-ha. O seu tema "Memorabilia" foi recoñecida como un pioneiro do techno de sintetizadores. O dúo vendeu ao redor de 10 millóns de discos en todo o mundo.

Discografía Álbum Ano Selo Non-Stop Erotic Cabaret 1981 Some Bizzare Records Non Stop Ecstatic Dancing 1982 Some Bizzare, Sire, Vertigo The Art of Falling Apart 1983 Some Bizzare, Sire, Vertigo This Last Night in Sodom 1984 Some Bizzare, Sire, Vertigo Cruelty Without Beauty 2002 Cooking Vinyl The Bedsit Tapes 2005 Some Bizzare Happiness Not Included 2022 BMG Danceteria 2026 Republic of Music

Véxase tamén Ligazóns externas [ Páxina oficial]

Categoría:Grupos musicais de Leeds Categoría:Grupos musicais de synthpop Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de post-punk