A Central nuclear de Cofrentes é unha central nuclear española de xeración eléctrica do tipo BWR-6 situada no concello de Cofrentes, na provincia de Valencia. Está construída na marxe dereita do río Xúcar, do que toma auga para a refrixeración.
Entrou en servizo o 14 de outubro de 1984 cunha potencia instalada de 992 MWe. Mediante melloras introducidas conseguiuse ampliar a potencia progresivamente, primeiro ata o 110 % (1092 MWe), e logo ata o 111,85 % actual, o que equivale a 1110 MWe, permitindo abastecer a practicamente todo o consumo doméstico das familias da Comunidade Valenciana.Central Nuclear de Cofrents , Iberdrola CSN.
É propiedade ao 100% de Iberdrola.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial da Central nuclear de Cofrentes
Cofrentes Categoría:Provincia de Valencia