O Día das Canarias é un día festivo en todas as illas das Canarias, que se celebra o 30 de maio. Conmemórase con este día o aniversario da primeira sesión do Parlamento das Canarias, con sede na cidade de Santa Cruz de Tenerife, levada a cabo o 30 de maio de 1983, uns dez meses despois de publicarse o Estatuto de Autonomía das Canarias no Boletín Oficial del Estado. Este primeiro parlamento foi presidido por Pedro Guerra Cabrera. O Estatuto das Canarias publicouse o 10 de agosto de 1982, e, a semellanza doutros estatutos das demais comunidades autónomas de España, recoñecía unha maior autoxestión do arquipélago canario dentro de España.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información do Goberno das Canarias
Categoría:Festas das Canarias Categoría:Símbolos das Canarias Categoría:Días festivos Categoría:Maio