O Castelo de Blarney (en ) é unha fortaleza medieval que se atopa no concello irlandés de Blarney, preto de Cork e do río Martin.

Historia O castelo actual é o terceiro que se construíu no mesmo lugar. O primeiro foi unha estrutura de madeira do século X, mentres que o segundo data de 1210 e a madeira foi substituída por pedra. Porén, posteriormente foi derrubado e en 1446 construíuse un novo castelo por orde de Dermot McCarthy, rei de Munster. A aparencia actual é a do terceiro castelo.

Estado de conservación e contorna O castelo atópase hoxe en día parcialmente en ruínas mais conta con algunhas estancias e cuartos aos que se pode acceder. Na parte superior, a carón das ameas, atópase a Pedra da Elocuencia, máis coñecida como Pedra de Blarney, que atrae a moitos turistas. Dise que bicar a pedra pendurado no aire e de costas proporciona o don da elocuencia.

Arredor do castelo hai grandes xardíns e varios camiños que levan a formacións rochosas curiosas que levan por nome Druid's Circle, Witch's Cave e Wishing Steps. A Casa Blarney, unha mansión de estilo escocés de 1874, tamén se atopa preto do castelo e está aberta ao público.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hamlyn, Kate (2007), "Blarney Castle: Myth and Reality", Irish Arts Review (2002–) 24 (4): 126–129, JSTOR 25503636

Ligazóns externas Páxina oficial do castelo de Blarney

Categoría:Castelos de Irlanda