Karekin Bedkjian, nado como Dikran Bedkjian en Istanbul (Turquía) o 12 de decembro de 1942 e finado o 1 de novembro de 2024, foi un arcebispo apostólico armenio, primado da diocese de Alemaña, baixo a Santa Sé de Etchmiadzin.

Traxectoria Dikran Bedkjian estudou na escola dos mequitaristas en Istanbul, e en 1959 entrou no seminario de Üsküdar. Foi ordenado diácono en 1963, e o 25 de xullo de 1965 foi ordenado sacerdote célibe.Na Igrexa Apostólica Armenia os sacerdotes poden ser ordenados célibes ou, se levan un ano de matrimonio e teñen un fillo, casados. Os sacerdotes célibes, unha vez ordenados, non poden casar.

En 1991 o catholicos Vazken I convidouno a exercer o seu ministerio entre os armenios en Alemaña, e a dirixir os esforzos para crear unha nova diocese. O 31 de xaneiro de 1992 Karekin Bedkjian foi nomeado formalmente primado da nova diocese, e o 27 de setembro do mesmo ano Vazken I consagrouno bispo.

Durante a súa visita a Alemaña, o catholicos Karekin I elevouno a arcebispo cunha encíclica do 28 de maio de 1998.

Notas Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web da Santa Sé de Etchmiadzin

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Finados en 2024 Categoría:Bispos da Igrexa apostólica armenia Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Alemaña Categoría:Bispos ortodoxos orientais de Turquía