Esther Gallo Lamas, nada na Pontenova en 1908 e finada en Vigo en 1990, foi unha mestra galega.
Traxectoria Diplomouse en Maxisterio en Lugo en 1929. Entre 1933 e 1946 exerceu a docencia en Euskadi, concretamente en Barakaldo. Casou en 1946 con Eliseo Muruais e dende entón, e até a súa xubilación, dirixiu a escola anexa da Normal feminina na cidade de LugoGalicia por la nueva España, 1937., por Xesús Alonso Montero, na Revista Galega do Ensino, nº 43, maio 2004..
Hoxe é lembrada pola súa obra infantil Galicia por la España Nueva (1937), de corte relixioso e patriótico, escrita en lingua castelá mais na que tamén compila poemas de diversos autores, coma os de corte franquista da autoría de Francisca Herrera Garrido ou outros en lingua galega de Rosalía de Castro ou Valentín Lamas CarvajalIntrodución: A literatura galega entre 1936 e 1950, por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría..
Foi unha muller de ideoloxía católica e conservadora que entendía España como nación e Galicia como "Patria chica" e "Terra meiga". Así, o estudoso Xesús Alonso Montero destaca un certo galeguismo "sincero e honrado" na súa visión da vida.
Por outra banda, a profesora Carmen Blanco sinala:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxesCategoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1990