L'Angliru é un porto de montaña do Principado de Asturias, en España. É unha zona de pastos que recibe o nome do lago L'Angliru e que está situada no corazón da serra do Aramo, no concello de Riosa.
Situado a 1.570 msnm de altitude, constitúe unha espazo natural de gran beleza situado entre algunhas das cimas máis importantes desta serra, como son o Gamonal, o Moncuevu e o Barriscal. Ata este enclave chega a estrada local procedente de La Vega de Riosa, o que fai que sexa esta a forma máis directa de acceder ao pico Gamonal (1.712 m).
É un porto habitual no percorrido da Volta Ciclista a España como final de etapa.
Angliru Categoría:Accidentes xeográficos de Asturias