miniatura|dereita|250px|Villa Baviera en febreiro de 2014. Villa Baviera, coñecida anteriormente como Colonia Dignidad (antes Sociedad Benefactora y Educacional Dignidad), é unha localidade chilena que se atopa nunha zona illada do centro do país e pertence á comuna de Parral, na provincia de Linares, rexión do Maule. Está 35 km ao sueste de Parral, que tamén é a cidade máis achegada. Segundo o censo de 2002 contaba con 198 habitantes.

Historia Foi fundada en Chile en 1961 por inmigrantes alemáns liderados por Paul Schäfer, un fuxitivo con cargos de abusos sexuais a menores na República Federal Alemá. Na súa etapa de maior apoxeo chegou a acoller a uns 300 residentes tanto alemáns como chilenos e abranguía unha superficie de 137 km². A principal actividade económica da colonia era a agricultura, pero tamén tiña unha escola, un hospital, dúas pistas de aterraxe, un restaurante e mesmo un central eléctrica. Porén, a colonia era moi hermética e secreta de cara ao exterior, xa que estaba arrodeada por arame con pugas, focos e torres de vixilancia. Tamén contiña depósitos secretos de armas (entre as que se incluía un carro de combate coñecido como a "eiruga"). Nas últimas décadas realizáronse varias investigacións que descubriron un longo historial de actividades criminais no enclave, incluíndo abusos sexuais a menores e o seu funcionamento como centro de detención e tortura en tempos da ditadura de Augusto Pinochet.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Colonia Bibliografía Álvaro Rojas. El secreto de Colonia Dignidad Infield, Glenn. Secrets of the SS. Stein and Day, 1981. ISBN 0-8128-2790-2. Levenda, Peter (1st ed., 1995). Unholy Alliance: History of the Nazi Involvement With the Occult. 406 pp. Avon Books. ISBN 0-380-77722-3 (2nd ed., 2002, Continuum International Publishing Group. ISBN 0-8264-1409-5) Klaus Schnellenkamp. Geboren im Schatten der Angst, Ich überlebte die Colonia Dignidad. München: Herbig Verlagsbuchhandlung, 2007, 238 S., ISBN 978-3-7766-2505-9 Gero Gemballa: Colonia Dignidad. Ein Reporter auf den Spuren eines deutschen Skandals. Frankfurt/New York: Campus-Verlag, 1998, 213 S., ISBN 3-593-35922-7 Friedrich Paul Heller. Colonia Dignidad. Von der Psychosekte zum Folterlager. Stuttgart: Schmetterling Verlag, 1993, ISBN 3-926369-99-X Gero Gemballa. Colonia Dignidad: ein deutsches Lager in Chile. Reinbek bei Hamburg: Rowohlt, 1988. 173 S., ISBN 3-499-12415-7 Efrain Vedder; Ingo Lenz. Weg vom Leben. Berlin: Ullstein, 2005, ISBN 3-550-07613-4 Friedrich Paul Heller. Lederhosen, Dutt und Giftgas: Die Hintergründe der Colonia Dignidad. Stuttgart: Schmetterling Verlag, 2005. ISBN 3-89657-093-5 Douglas Marcela. Hopes and Horror. A German community in Chile. UiT The Arctic University of Norway, 2014. ISBN 978-82-8244-114-8 Ligazóns externas Páxina oficial de Villa Baviera

Categoría:Campos de concentración Categoría:Tortura Categoría:Represión política Categoría:Seitas Categoría:Historia de Chile