El Valle Altu de Peñamellera (en castelán: Peñamellera Alta) é un concello do Principado de Asturias. En 2008 tiña unha poboación de 643 habitantes.

Limita ao norte con Llanes, ao oeste con Cabrales e ao leste con El Valle Baju de Peñamellera e ao sur con Cantabria. Atópase entre a serra do Cuera e os Picos de Europa.

Está formado polas parroquias de Alles, Cáraves, Llonín, Mier, Oceño, Rozagás, Ruenes e Trescares. A capital do concello é Alles.

Demografía

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Igrexa de San Pedro de Plecín Ligazóns externas Páxina web do concello

Categoría:Concellos de Asturias