A rolda de Nelle é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende Catro Camiños ata a rúa de Gregorio Hernández, un tramo do paseo de Rolda.

Partindo da igrexa de San Pedro de Mezonzo, a rolda de Nelle rodea ou atravesa algúns dos barrios máis poboados da cidade, como a Agra do Orzán, o paseo das Pontes, os Mallos e a Falperra.

Historia A rolda de Nelle aparece ideada tal como se construíu no Plan de 1948 de Jacobo Rodríguez-Losada e Pablo Iglesias Atocha. Este plan supuxo a modificación do proxecto de ordenamento encargado polo concello a César Cort en 1945, no que se recollían algunhas vías de circunvalación para a cidade, incluídos algúns tramos da rolda de Nelle. Unha parte da rolda construíuse sobre a fábrica de mistos La Vasco-Galaica.

O nome de Nelle deullo o pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do parque de Santa Margarida.Microtoponimia gallega. Un ejemplo coruñés

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Rúas da Coruña