Huun-Huur-Tu (en , Khün Khürtü, en ) é un grupo de música orixinario da República dos Tuva, unha república federal de Rusia que se atopa na fronteira con Mongolia. A característica máis salientable da música de Huun Huur Tu é o Xöömej ou canto de gorxa, no cal cada cantante pode cantar á vez dúas ou tres voces. O ton máis agudo pode soar como unha frauta, un asubío ou o chío dun paxaro.
O grupo toca instrumentos tradicionais tuvas, como o igil, o khomus, o doshpuluur e o dünggür. Porén, tamén fixeron unha incorporación selectiva de instrumentos occidentais, como a guitarra.
Discografía 60 Horses In My Herd (1993) The Orphan's Lament (1994) If I'd Been Born An Eagle (1997) Where Young Grass Grows (1999) Live 1 (2001) Live 2 (2001) Best * Live (2001) More Live (2003) Altai Sayan Tandy-Uula (2004) Live at Fantasy Studios (2008) Ancestors Call (2010)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais formados en 1992