A orde Suliformes (denominada "Phalacrocoraciformes" por Christidis & Boles 2008) é unha orde proposta polo IOC, que actualmente inclúe os corvos mariños, os mascatos e as Anhinga. Tendo en conta as evidencias recentes de que o grupo tradicional dos Pelecaniformes é polifilético,Mayr (2003) suxeriuse que o grupo sexa dividido para reflectir as súas verdadeiras relacións evolutivas.

Sistemática e evolución Das familias que formaban antes parte de Pelecaniformes só permanecen nese grupo Pelecanidae, Balaenicipitidae, e Scopidae. A familia Phaethontidae foi separada e clasificada nunha orde propia, Phaethontiformes. As análises xenéticas parecen indicar que Pelecaniformes está en realidade estreitamente emparentado con Ardeidae e Threskiornithidae. En canto aos Suliformes, estes están distantemente relacionados cos actuais Pelecaniformes.Jarvis, E.D. et al. (2014) Whole-genome analyses resolve early branches in the tree of life of modern birds. Science, 346(6215):1320-1331. DOI: 10.1126/science.1253451 Segundo Hackett et al. (2008), as mobellas, pingüíns, cegoñas, e tamén os Suliformes e Pelecaniformes, parece que evolucionaron todos dun antepasado común. Suxeriuse para eles un superorde, o das aves acuáticas superiores.Hackett, S.J. et al. (2008) A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History. Science 320, 1763.

No traballo fundamental do ano 2008 Systematics and Taxonomy of Australian Birds (Sistemática e Taxonomía das Aves Australianas), os ornitólogos australianos Les Christidis e Walter E. Boles acuñaron o nome Phalacrocoraciformes para o grupo debido a que hai un número moito maior de especies de corvos mariños (Phalacrocoracidae) que de mascatos (Sulidae). Porén, esta denominación non foi adoptada polos demais ornitólogos.

En 1994, o ornitólogo norteamericano Walter J. Bock escribiu que o nome Suloidea fora utilizado de forma consistente como termo para unha superfamilia que contiña as dúas familias, e, por tanto, "Sulidae" e non "Phalacrocoracidae" debería de ter prioridade en calquera clasificación que contivese os dous xéneros.

En 2010, a American Ornithologists' Union (AOU) adoptou o termo Suliformes para o taxon. A esta seguiuna o International Ornithological Congress (IOC) en 2011.

En 1994, Martyn Kennedy e colegas construíron un conxunto de datos de comportamentos, e a árbore resultante que mostrabas un alto nivel de congruencia coas filoxenias existentes baseadas na xenética ou morfoloxía. Mostraba que os Anhinga eran un grupo irmán dos corvos mariños, mascatos, e pelicanos, despois estaban relacionados coas fragatas e finalmente cos faetóntidos como ramificacións temperáns progresivas.

Cladograma baseado en Gibb, C.G. et al. (2013)Gibb, C.G. et al. (2013) Beyond phylogeny: Pelecaniform and Ciconiiform birds, and long-term niche stability. Molecular Phylogenetics and Evolution, 68(2):229–238.

Especies miniatura|dereita|Ósos do pé esquerdo de Fregata aquila mostrando o seu bordo pectinado na uña media, unha característica dos Suliformes.

Fregatidae Fregata magnificens Fregata aquila Fregata andrewsi Fregata minor Fregata ariel Sulidae Sula nebouxii Sula variegata Sula dactylatra Sula granti Sula sula Sula leucogaster Papasula abbotti Morus bassanus Morus capensis Morus serrator

miniatura|O corvo mariño Phalacrocorax niger.

Phalacrocoracidae Phalacrocorax auritus Phalacrocorax brasilianus (ou Phalacrocorax olivaceus) Phalacrocorax sulcirostris Phalacrocorax carbo Phalacrocorax lucidus Phalacrocorax fuscicollis Phalacrocorax capensis Phalacrocorax nigrogularis Phalacrocorax neglectus Phalacrocorax capillatus Phalacrocorax penicillatus Phalacrocorax perspicillatus - extinguido (c. 1850) Phalacrocorax aristotelis Phalacrocorax pelagicus Phalacrocorax urile Phalacrocorax magellanicus Phalacrocorax bougainvillii Phalacrocorax varius Phalacrocorax fuscescens Phalacrocorax carunculatus Phalacrocorax chalconotus Phalacrocorax onslowi Phalacrocorax colensoi Phalacrocorax campbelli Phalacrocorax ranfurlyi Phalacrocorax atriceps Phalacrocorax atriceps albiventer Phalacrocorax bransfieldensis Phalacrocorax georgianus Phalacrocorax nivalis Phalacrocorax melanogenis Phalacrocorax verrucosus Phalacrocorax purpurascens Phalacrocorax gaimardi Phalacrocorax punctatus Phalacrocorax featherstoni Phalacrocorax melanoleucos Phalacrocorax africanus Phalacrocorax coronatus Phalacrocorax niger Phalacrocorax pygmaeus Phalacrocorax harrisi Anhingidae Anhinga anhinga Anhinga melanogaster Anhinga rufa Anhinga novaehollandiae

Notas