A Igrexa ortodoxa rusa fóra de Rusia (en , Russkaia Pravoslavnaia Tserkov Zagranitsei, ) é unha parte semiautónoma da Igrexa ortodoxa rusa, formada como resposta ás políticas bolxeviques relativas á relixión pouco despois da revolución rusa de 1917. Ten arredor de 400.000 fieis.
Logo de décadas de separación, restaurou o vínculo canónico coa sinatura dunha acta de comuñón co patriarcado de Moscova o 17 de maio de 2007. Dende entón, o primado da Igrexa é o patriarca de Moscova.
Estrutura A Igrexa organízase nas seguintes dioceses: Diocese ortodoxa rusa de América oriental e Nova York Diocese ortodoxa rusa de Australia e Nova Zelandia Diocese ortodoxa rusa de Berlín e Alemaña Diocese ortodoxa rusa de Caracas e América do Sur Diocese ortodoxa rusa de Chicago e América central Diocese ortodoxa rusa de Gran Bretaña e Europa occidental Diocese ortodoxa rusa de Montreal e o Canadá Diocese ortodoxa rusa de San Francisco e América occidental Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial .
Categoría:Igrexa ortodoxa rusa