Enrique Pena Vila, nado na Coruña o 19 de xuño de 1899, foi un debuxante e político galego.
Traxectoria Estudou Artes Gráficas. Foi árbitro de fútbol. Militante das Juventudes Socialistas, das que foi presidente en 1933. Foi elixido membro do Comité directivo da Agrupación Socialista da Coruña en abril de 1932.La Voz de Galicia, 27-4-1932, p. 2. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. Foi proclamado candidato a deputado a Cortes nas eleccións de 1936. Despois integrouse nas JSU. En abril de 1936 participou nun atentado frustrado contra o xeneral Carlos Bosch Bosch. Foi editor da revista Ciaboga da Federación de Remo.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. O 5 de agosto de 1942 foi detido. Xulgado en causa militar por rebelión o 26 de xuño de 1943. Condenado á pena de morte foille, conmutada por cadea perpetua. Beneficiouse de varios indultos e saíu da prisión en abril de 1949. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Causa 64/1936 por el delito de atentado cometido contra el Excmo. Sr. Jefe de la XVI Bribada de Infantería D. Carlos Bosch y Bosch Causa 64/1936 (II)
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Autores de Galicia coa obra no dominio público