Urogale everetti, coñecida na bibliografía internacional como tupaia de Mindanao ou tupaia de Filipinas, é unha especie de mamífero placentario da orde dos escandentios e familia dos tupaíidos, a única do xénero Urogale.Urogale everetti en MSW.
É endémica da illa de Mindanao, en Filipinas.
O seu estado de conservación na actualidade, segundo a UICN, é LC (pouco preocupante).<ref name=U>Tabaranza, B., Gonzalez, J. C., Rosell-Ambal, G. & Heaney, L. (2008): Urogale everetti na Lista vermella da UICN.</ref>
Caracteísticas Urogale everetti é a máis pesada das tupaias, xa que chega aos 355 g, e é de hábitos sobre todo terrestres.Napier, John Russell & Prudence Hero Napier (1976): Handbook of living primates: morphology, ecology and behaviour of nonhuman primates. New York, NY, USA: Academic Press. ISBN 978-0-12-513850-5.
Mide entre 17 e 20 cm de cabeza e tronco, máis de 11 a 17 cm da cola. Ten un fociño particularmente alongado e unha cola arredondada e peluda. A súa pelaxe é de coloración parda, coas partes inferiores de cor alaranxada ou amarela. É de hábitos diúrnos, desprazándose rapidamente no solo.
Bioloxía miniatura|160px|Distribución.
Distribución e hábitat Urogale everetti encóntrase, como os seus nomes vulgares indican, en Mindanao, en Filipinas, (e tamén nas illas de Dinagat e Siargao), onde vive en selvas e zonas montañosas de vexetación densa, normalmente ao longo dos cursos fluviais, até alturas entre os 900 e os 1200 m.Nowak, Ronald M. (1999).
Nutrición A súa dieta é variada, e inclúe insectos, lagartos, paxaros, ovos de aves e froitas.
Reprodución Crese que na natureza aniñan no solo, ou en acantilados. Observáronse os seus hábitos de cría en cativerio, onde as femias paren 1 ou 2 crías despois dun período de xestación de 54 a 56 días.
Taxonomía Descricións Xénero O xénero Urogale foi descrito en 1905 polo ornitólogo e naturalista estadounidense Edgar Alexander Mearns, en Proc. U. S. Natl. Mus., 28: 435.Urogale en MSW. Especie A especie fora definida anteriormente, en 1892, polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 6, 9: 250.
Etimoloxías Xénero O nome do xénero, Urogale, está formado polo elemento do latín científico uro-, tirado do grego antigo οὐρά ourá, 'cola' e palabra grega γαλῆ galẽ, 'donicela'. Literalmente, 'donicela de cola'.Urogale en Animalia. Etymology of animal names. Especie O nome específico, everetti, é unha homenaxe ao administrador colonial británicoe recolledor de espécimes zoolóxicos Alfred Hart Everett (1848–1898).
Sinónimo A especie coñeceuse tamén polo sinónimo Urogale cylindrura Mearns, 1905.
Clasificación O xénero Urogale é monoespecífico, e non se lle coñecen subespecies:
Xénero Urogale Urogale everetti Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4. Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World''. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.
Outros artigos Escandentios Tupaíidos
Ligazóns externas Urogale everetti na ADW. Con abundante información, imaxes e bibliografía
Categoría:Escandentios