José Juan Pérez Gómez, coñecido como Caramiñas, nado na Pobra do Caramiñal o 13 de xaneiro de 1891 e finado en Buenos Aires en 1947, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Foi fillo de Santiago Pérez e irmán de Antonio Pérez Gómez. Tiña unha imprenta na rúa Gasset da Pobra do Caramiñal que ardeu en outubro de 1917.El Eco de Santiago, 16-10-1917, p. 2. Administrador da imprenta dos sucesores de Vicente García Millán, en 1919 publicou o poemario Sonatas.
Emigrou a América e recorreu varios países. Colaborou en La Gaceta de Nova York, da que chegou a ser director en 1921. De regreso a España, colaborou en Galicia. Diario de Vigo, Vida Gallega, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, El Progreso, El Imparcial e El Sol. En 1925 era propietario da empresa de ómnibus Castelo, que comunicaba a Pobra e Noia, mais foi suprimida en xuño dese ano.El Orzán, 17-6-1925, p. 2.. Entre 1935 e 1936 administrou a liña de transporte entre a Pobra e Noia. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse na Arxentina, onde sobreviviu con moitas dificultades económicas. En Buenos Aires publicou libros divulgativos baixo o pseudónimo José Barbanza na editorial Atlántica, que dirixía Rafael Dieste. Tamén publicou a novela Margarita de Asís.
Obras Sonata (versos). Poesías recuperadas. Artigos, Concello da Pobra (2006).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no Dicionario de escritores do Barbanza M. X. Blanco (25/4/2008). "A obra de Caramiñas ve a luz" La Voz de Galicia.
Categoría:Xornalistas da Pobra do Caramiñal Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes