José Manuel Freire Castrillón, nado en Santiago de Compostela en 1751 e finado cara a 1820, foi un comerciante, político e xornalista galego.

Traxectoria Comerciante en quincalla. Foi socio de Jacobo Pérez Villamarín na fábrica da Ponte Vella de Vidán, e en 1803 pasou a ser o único propietario da fábrica de curtidos. Cursou parte dos estudos na Facultade de Teoloxía. Liberal nun principio, transformouse en acérrimo defensor do absolutismo. Deputado da provincia de Mondoñedo nas Cortes de Cádiz. Foi un dos máis destacados xornalistas reaccionarios do período doceañista en Santiago de Compostela. Colaborou en El Sensato e fundou e dirixiu Estafeta de Santiago (1813-1814). Utilizou os pseudónimos Agustín Verísimo Vilabella, Reytengo e El estafetero. Despois foi nomeado por Fernando VII secretario da Inquisición galega e chegou a ser amoestado pola persecución sen piedade que levou a cabo contra os liberais. Foi procesado e recluído no convento de San Domingos de onde fuxiu en 1820. Morreu na emigración.

Obras Remedio y preservativo contra el mal francés de que adolece la nación española, 1809.

Véxase tamén Bibliografía La genealogía de don Manuel Freire de Castrillón Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1751 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados en ano descoñecido