Pedro de Llano López, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 24 de setembro de 1998Pedro de Llano López, periodista, foi un futbolista, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Era fillo de Ramón de Llano Martín, cubano de orixe galega e histórico mandatario do Deportivo da Coruña, e de Gloria López, unha asturiana filla dun garda civil. Na súa xuventude foi futbolista e xogou no Fabril e no propio Deportivo. Entrou a traballar como taquígrafo en La Voz de Galicia en 1937, e foi nomeado director do xornal en 1951, permanecendo no posto até 1968. Despois foi director de El Ideal Gallego (1968-1972) e El Progreso de Lugo (1972-1980). Utilizou o pseudónimo Bocelo.
Vida persoal Casou con Maruja Cabado Núñez e foi pai de Pedro de Llano Cabado.
Obras El periodismo por dentro, 1974. 82 años de Historia: Real Club Deportivo de la Coruña, 1980 (con Eladio Muíños Díaz). Wenceslao Fernández Flórez. El escritor y su obra, 1985.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña