Frederico Guillerme IV de Prusia, nado en Berlín o 15 de outubro de 1795 e finado en Potsdam o 2 de xaneiro de 1861, foi o fillo máis vello e sucesor de Frederico Guillerme III, rei de Prusia de 1840 a 1861.
Traxectoria Frederico Guillerme ascendeu ao trono de Prusia trala morte do seu pai en 1840. A través dunha unión persoal, tamén pasou a ser o príncipe soberano do Principado de Neuchâtel, hoxe parte de Suíza. Continuou a política reaccionaria empezada polo seu pai. Durante as revolucións de 1848, e a pesar dunha serie de concesións que realizou nun primeiro momento ao movemento revolucionario, cando o parlamento de Frankfurt ofreceulle a coroa imperial de Alemaña, rexeitouna, desbaratando os proxectos liberais para unha monarquía federal e parlamentaria e abrindo paso á reacción conservadora, cuxo símbolo sería a política iniciada por Otto von Bismarck.
Últimos anos e morte Tralas revolucións de 1848, o rei cada vez máis sombrío retirouse da vida pública, rodeándose así mesmo de conselleiros que predicaban a ortodoxia absoluta e o conservadorismo en materia relixiosa e política. Un infarto en 1857 deixou ao rei parcialmente paralizado e incapacitado mentalmente, deste xeito, o seu herdeiro e irmán Guillerme, asumiu o papel de rexente desde 1858 ata a morte de Frederico Guillerme en 1861, ascendendo nese momento ao trono como Guillerme I de Prusia.
Frederico Guillerme está enterrado coa súa dona na cripta da Igrexa da Paz en Potsdam.
Devanceiros Devanceiros de Frederico Guillerme
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Michel Kerautret, Histoire de la Prusse, París, éditions du Seuil, 2005 (ISBN 978-2-7578-1780-3) Christopher Clark, Iron kingdom, The rise and fall of Prussia, 1600-1947, Múnic, Pantheon, 2008 (ISBN 978-3-570-55060-1) Lothar Gall, 1848, Aufbruch zur Freiheit, Berlin, Nicolaische Verlag, 1998 (ISBN 3-87584-677-X) Dieter Langewiesche, Die deutsche Révolution von 1848/1849, Darmstadt, Wissenschaftliche Buchgesellschaft, coll. « Wege der Forschung », 1983 (ISBN 3-534-08404-7)
Outros artigos Reino de Prusia Ligazóns externas Katalog der Deutschen Nationalbibliothek Online-Bestandskatalog Zeichnungen Friedrich Wilhelms IV. von Preußen
Categoría:Casa de Hohenzollern Categoría:Finados en 1861 Categoría:Nados en 1795 Categoría:Nados en Berlín