O gouren ou loita bretoa (en ) é un deporte individual practicado entre dous loitadores. Practícase na Bretaña, mais tamén en Cornualla, en Escocia e mesmo en Nova Orleáns, no sur dos Estados Unidos..
Existe na Bretaña unha federación de gouren que depende da Federación Francesa de Loita.
A loita bretoa ou gouren, é unha loita de pé. Ademais, se un dos loitadores toca o chan con calquera outra parte do corpo que non sexa os pés, a loita detense, os loitadores érguense de novo e retoman a loita.
A vitoria, ou lamm, proclámase cando un loitador consegue derrubar o seu opoñente nas costas, co chan en contacto cos dous ombreiros.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Loita Loita tradicional galega
Ligazóns externas Federación de gouren O xuramento dos loitadores Todos os clubs Páxina de presentación da práctica do Gouren
Categoría:Loita Categoría:Cultura da Bretaña