Edelmira Barreira Diz, coñecida como Miri Barreira, nada en Verín en 1978, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Licenciada en Ciencias Políticas, traballou na Dirección Xeral da Administración local da Xunta de Galicia (2002-2004). Dende 2012 foi directora do Gabinete Adxunto da Vicepresidencia do Goberno. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia de Ourense e foi elixida senadora. En febreiro de 2017 foi nomeada Comisionada fronte ao Reto Demográfico polo goberno de Mariano Rajoy.100.000 euros de soldo para un cargo pantasma: de senadora do PP ourensán a comisionada do "reto demográfico" Praza.gal, 29/12/2017.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas "Edelmira Barreira Diz: "Hay mucho talento en nuestra provincia, lo que necesitamos es comunicarlo"" Faro de Vigo 17/12/2015 .
Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Senadores de España polo PP Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1978