Jolyon Palmer Carlyle (nado o 20 de xaneiro de 1991 Horsham) é un piloto de carreiras profesional británico campión das GP2 Series de 2014. Palmer estudou na Escola Cranleigh e na Universidade de Nottingham. Correrá para Lotus en .

Andaina

Fórmula Un

tempada 2014 (Force India) A proba de Palmer conduciu un automóbil Force India ao final da proba da tempada no Yas Mariña Circuit de Abu Dhabi o 25 de novembro de 2014. Pilotando para o equipo Force India, se defendeu ben e terminou o día no cuarto lugar, xusto detrás do subcampión de 2014 Nico Rosberg a 0.004s, malia problemas técnicos que interromperonn a súa carreira.

tempada 2015 (Lotus)

O 20 de xaneiro de 2015, anunciouse que Palmer asinara como piloto de probas e reserva para o equipo Lotus F1 de Fórmula Un para 2015. Con Pastor Maldonado e Romain Grosjean como os seus pilotos oficiais, foi a primeira vez que tres campións de GP2 estiveron xuntos no mesmo equipo.

Palmer fixo o seu debut no E23 Hybrid, no segundo día da proba oficial de pretempada en Barcelona. Completando 77 voltas, executou un programa centrado na recompilación de datos e o traballo de desenvolvemento. Terminou o día no oitavo lugar. O director de operacións en pista do equipo Lotus F1, Alan Permane dixo: "Hoxe tratouse da acumulación de datos e Jolyon fixo un gran traballo na súa primeira vez no automóbil, especialmente coas condicións particularmente frías no inicio da sesión pola mañá".

Continuou coa súa debut na Fórmula Un na fin de semana de Gran Premio ao saír a pista na práctica libre un, na terceira rolda da tempada 2015 na China. Palmer completou un apertado programa de traballo aerodinámico e de configuración para terminar no 15° lugar na súa primeira visita ao circuíto de Xangai.

Na súa seguinte participación no Circuíto Internacional de Bahrain, Palmer terminou a sesión na 14ª posición, a 0.441s do seu compañeiro Pastor Maldonado. Conduciu na práctica libre un no Gran Premio de España, rexistrando o 13º mellor tempo e terminando por diante de Maldonado, antes de encabezar a folla de asistencia no segundo día da proba de tempada en Barcelona o mércores 13 de maio. O 11 de xuño de 2015 anunciouse que conduciría na práctica libre 1 durante o resto da tempada europea, un total de 5 Grandes Premios, que o levaría de Austria a Italia, en substitución do francés Romain Grosjean.

tempada 2016 (Renault) miniatura| right | Palmer pilotando para Renault no Gran Premio de Bahrain de 2016 O 23 de outubro de 2015 anunciouse que Palmer sería promovido a piloto oficial do Renault Sport F1 Team en 2016. Uniuse ao expiloto de McLaren Kevin Magnussen no regreso de Renault ao deporte como construtor, logo de comprar Lotus F1 Team durante o inverno. No seu debut no Gran Premio de Australia Palmer superou a Magnussen na posición 14ª da grella, e logo dun bo comezo terminou a carreira 11º por diante do seu compañeiro de equipo, xusto fóra das posicións puntuables.

Fallos mecánicos nas seguintes carreiras en Bahrain e China impediron que Palmer mostrase a súa verdadeira forma, pero recuperouse no Gran Premio de Rusia de 2016, terminando 13º logo de comezar 18º na grella. Repetiu ese resultado no Gran Premio de España de 2016, chegando a meta por diante do seu compañeiro Magnussen. Logo dunha saída anticipada en Mónaco, unha fuga de auga deu ao traste coa súa carreira en Canadá antes de que terminase no Gran Premio de Europa en Bakú, Azerbaidján, nun meritorio décimo quinto posto.

Palmer rexistrou o seu mellor resultado desde o Gran Premio de Australia que abriu a tempada ao chegar a meta no 12° lugar no Gran Premio de Austria de 2016, antes de competir no seu Gran Premio de casa en Silverstone. Terminou en decepción xa que sufriu un problema na caixa de cambios que o levou a retirarse na volta 38, pero fixo a súa mellor carreira na súa seguinte carreira no Gran Premio de Hungría de 2016 onde case logrou puntuar, terminando 12°. No Gran Premio de Alemaña foi 19º, no Gran Premio de Bélxica, chegou a meta no décimo quinto lugar. No Gran Premio italiano Palmer finalizou prematuramente, xa que o Sauber de Felipe Nasr golpeou ao británico e finalmente obrigouno a retirarse da carreira.

No Gran Premio de Malaisia, Palmer logrou o seu mellor resultado da tempada e obtivo o seu primeiro punto no Campionato Mundial. Terminou 10°, 14 segundos detrás do McLaren de Jenson Button e tres segundos por diante de Carlos Sainz nun Toro Rosso. O 9 de novembro de 2016 anunciouse que Palmer estendera o seu trato con Renault para 2017.

tempada 2017 (Renault)

Palmer quedou co Renault Sport F1 Team para o inicio da tempada de F1 de , onde estivo acompañado por un novo compañeiro de equipo, Nico Hülkenberg, substituíndo a Kevin Magnussen, que marchou.

Renault presentou o seu novo RS17 nun evento especial de presentación en Londres o 22 de xaneiro, cunha librea amarela e negra, adornada co número de carreira de Jolyon, 30.

Palmer fixo a súa primeira aparición pública ao volante do RS17 no Circuíto de Barcelona-Cataluña en España a finais de febreiro, finalizando a semana co terceiro mellor tempo no último día, só detrás dos Ferrari de Kimi Räikkönen e o Red Bull de Max Verstappen. Ao día seguinte de saber que perdería o seu asento para , sobreviviu a unha carreira de desgaste no Gran Premio de Singapur de 2017 para obter o mellor resultado da súa carreira cun sexto lugar, asegurando os seus primeiros puntos da tempada.

O 7 de outubro de 2017, anunciouse que Palmer abandonaría Renault despois do final do Gran Premio do Xapón, para ser substituído polo piloto de Toro Rosso Carlos Sainz, tomando o seu asento do Gran Premio dos Estados Unidos en diante.

Vida persoal Palmer é o fillo do expiloto de F1 e propietario dun circuíto de carreiras no Reino Unido Jonathan Palmer. O seu irmán máis novo, Will, é un dos favoritos no Campionato de Fórmula BRDC 4 británico.

Palmer dixo ao xornal Daily Express en xullo de 2014 que "estou dando todo o que puido para gañar a serie (GP2) este ano o que inclúe máis traballo, vida social, a estrita dieta. No ten noiva."

Rexistro de carreiras Traxectoria profesional Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V. rápidas Podios Puntos Posición 2005 T Cars Autumn Trophy 6 ? ? ? ? 92 5º 2006 T Cars PalmerSport Junior 20 0 1 ? 4 92 5º T Cars Autumn Trophy 6 4 3 4 5 61 1º 2007 Formula Palmer Audi 15 2 2 ? 4 187 10º T Cars PalmerSport Junior 2 2 1 2 0 24 11º 2008 Formula Palmer Audi 20 1 3 3 11 338 3º Formula Palmer Audi Autumn Trophy 6 0 0 0 3 89 3º Formula Palmer Audi Shootout 3 0 0 0 1 36 3º 2009 Formula Palmer Audi PalmerSport 8 1 3 2 2 70 16º FIA Formula Two Championship MotorSport Vision 16 0 0 0 0 3 21º 2010 FIA Formula Two Championship MotorSport Vision 18 5 5 3 10 242 2º 2011 GP2 Series Arden International 18 0 0 0 0 0 28º GP2 Asia Series 4 0 0 0 0 0 19º GP2 Final Barwa Addax Team 2 0 0 0 1 9 4º FIA Formula Two Championship PalmerSport 2 0 0 0 0 0 NC 2012 GP2 Series iSport International 24 1 0 0 3 78 11º 2013 GP2 Series Carlin Motorsport 22 2 1 2 3 119 7º 2014 GP2 Series DAMS 22 4 3 7 12 276 1º Fórmula Un Sahara Force India F1 Team Piloto de probas2015 Fórmula Un Lotus F1 Team Piloto de probas2016 Fórmula Un Renault 21 0 0 0 0 1 18º 2017 Fórmula Un Renault 16 0 0 0 0 8* 17º*

Resultados completos na Fórmula 2 (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida) Ano Nº 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 DC Puntos 2009 3 VAL121 VAL2Ret BRN110 BRN214 SPA116 SPA2Ret BRH112 BRH216 DON116 DON212 OSC115 OSC219 IMO112 IMO26 CAT113 CAT211 21º 3 2010 3 SIL11 SIL22 MAR1Ret MAR25 MNZ11 MNZ21 ZOL12 ZOL22 ALG11 ALG22 BRH18 BRH2Ret BRN15 BRN21 OSC13 OSC212 VAL17 VAL213 2º 242 2011 14 SIL1 SIL2 MAG1 MAG2 SPA1 SPA2 NÜR1NTS NÜR2NTS BRH1 BRH2 SPL1 SPL2 MNZ1 MNZ2 CAT1 CAT2 NC 0

Resultados completos na GP2 Series (key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 DC Puntos 2011 Arden International TURFEA17 TURSPR9 ESPFEA18 ESPSPR17 MONFEANC MONSPR11 VALFEA9 VALSPRRet GBRFEA20 GBRSPR16 GERFEA19 GERSPRRet HUNFEA22 HUNSPR18 BELFEARet BELSPR14 ITAFEARet ITASPR19 28º 0 2012 iSport International MYSFEA17 MYSSPR12 BHR1FEANTS BHR1SPR7 BHR2FEA24 BHR2SPR22 ESPFEA9 ESPSPRNTS MONFEA6 MONSPR1 VALFEARet VALSPRRet GBRFEA3 GBRSPR5 GERFEA18 GERSPR18 HUNFEA6 HUNSPR5 BELFEARet BELSPR10 ITAFEA7 ITASPR3 SGPFEARet SGPSPRRet 11º 78 2013 Carlin MYSFEA6 MYSSPR9 BHRFEA5 BHRSPR6 ESPFEA10 ESPSPR4 MONFEARet MONSPR12 GBRFEA6 GBRSPRRet GERFEA24 GERSPR11 HUNFEA1 HUNSPR12 BELFEA15 BELSPR6 ITAFEARet ITASPR10 SGPFEA1 SGPSPR17 ABUFEA2 ABUSPRRet 7º 119 2014 DAMS BHRFEA3 BHRSPR1 ESPFEA2 ESPSPR2 MONFEA1 MONSPR7 AUTFEA5 AUTSPR6 GBRFEA2 GBRSPR4 GERFEA3 GERSPR6 HUNFEA4 HUNSPR2 BELFEA6 BELSPR3 ITAFEA8 ITASPR1 RUSFEA1 RUSSPR10 ABUFEA2 ABUSPRRet 1º 276

Resultados completos na GP2 Asia Series (key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 DC Puntos 2011 Arden International ABUFEA14 ABUSPR10 ITAFEA19 ITASPRRet 19º 0

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Pos. PuntosRenault Sport F1 Team Renault RS17Renault RE17 1.6 V6 t AUSRet CHN13 BHR13 RUSRet ESP15 MON11 CAN11 ACERet AUT11GBRNTS HUN12 BEL13 ITARet SIN6 MAL15 XPN12USAMEXBRAABU17º*8*Renault Sport F1 Team Renault RS16Renault RE16 1.6 V6 t AUS11 BHRNTS CHN22 RUS13 ESP13 MONRet CANRet EUR15 AUT12 GBRRet HUN12 ALE19 BEL15 ITARet SIN15 MAL10 XPN12 USA13 MEX14 BRARet ABU1717º*1* Lotus F1 Team Lotus E23 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t AUS MAL CHNTD BHRTD ESPTD MON CAN AUTTD GBRTD HUNTD BELTD ITATD SIN XPNTD RUSTD USA* MEXTD BRATD ABU – – * Foi presentado como terceiro piloto, pero non correu debido ao mal tempo.Lotus alters practice run plan due to weather: http://www.gpupdate.net/en/f1-news/331836/lotus-alters-fp1-run-plan-due-to-weather/

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus