Kyle XY é unha serie de televisión estadounidense da cadea ABC Family, creada por Eric Bress e Mackye Gruber.

Nos Estados Unidos, a serie estreouse o 26 de xuño do 2006, cunha audiencia de 2,64 millóns de telespectadores, e finalizou o 16 de marzo de 2009. Tivo tres tempadas: a primeira con 10 episodios, a segunda con 23 episodios e a terceira con outros 10 capítulos. A serie non foi renovada.

En España, a cadea Cuatro compro os dereitos da serie e o 19 de setembro de 2007 emitiuse o primeiro capítulo. O 24 de outubro, estreouse a primeira parte da segunda tempada e, un ano despois, o 14 de decembro de 2008, a segunda parte da segunda tempada (etiquetada en España como terceira tempada). Os episodios da terceira tempada (coñecida en España como cuarta tempada) foron emitidos do 1 ao 15 de xullo de 2009.

Argumento

Kyle (Matt Dallas) é un rapaz de 16 anos que desperta nun bosque nas aforas de Seattle, espido e envolto nunha viscosa substancia rosa. Actúa coma se acabase de nacer, non pode falar e descoñece o mundo no que acaba de desembarcar. É especial tamé porque por algunha razón descoñecida, non posúe embigo. Ademais, incluso antes de coñecer as cousas, dáse conta do que está ben e do que non, posúe unha capacidade de aprendizaxe e dedución moi superior ao normal e unha grande habilidade física.

Cando a policía o atopa, lévao a un centro de internamento de menores. Nel traballa Nicole Trager (Marguerite MacIntyre), unha psicóloga que nun afán de axudalo, decide levalo á súa casa en espera de que sexa reclamado. Ninguén o fai e decide, ademais de tratalo, apoialo en todo o posible e incluso que se quede a vivir coa súa familia. Pouco a pouco daranse conta de que Kyle non é un ser ordinario, e que ten capacidades sorprendentes. Xa no seu novo fogar, Kyle deberá aprender como se comporta o ser humano e deberá afrontar os problemas que se precipitan sobre el. A isto súmase un home que se mantén en segredo, vixiándoo.

Personaxes miniatura|Matt Dallas é Kyle, protagonista da serie.

Principais Matt Dallas - Kyle Trager Marguerite MacIntyre - Nicole Trager Bruce Thomas - Stephen Trager Jean-Luc Bilodeau - Josh Trager April Matson - Lori Trager Chris Olivero - Declan McDunaugh Kirsten Prout - Amanda Bloom Jaimie Alexander - Jessi Hollander (Tempadas: 2 e 3) Magda Apanowicz - Andromeda Summer Faith "Andy" Jensen (Tempadas: 2 e 3)

Recorrentes Nicholas Lea - Tom Foss J. Eddie Peck - Adam Baylin Cory Monteith - Charlie Tanner Chelan Simmons - Hillary Kurt Max Runte - Detective Jason Breen (1ª Tempada) Teryl Rothery - Carol Bloom Sarah-Jane Redmond - Rebecca Thatcher Andrew Jackson - Cyrus Reynolds Bill Dow - Profesor William Kern Martin Cummins - Brian Taylor (2ª Tempada) Leah Cairns - Emily Hollander (2ª Tempada) Conrad Coates - Julian Ballantine (2ª Tempada)

Música A banda sonora da primeira tempada de Kyle XY saíu á venda o 22 de maio de 2007 nos Estados Unidos. As cancións incluídas son:

Hide Another Mistake - The 88. Nevermind the Phonecalls - Earlimart. Surround - In-Flight Safety. I'll Write the Song, You Sing - Irving. Wonderful Day - O.A.R.. Bug Bear - Climber. Honestly - Cary Brothers. So Many Ways - Mates of State. Middle Of the Night - Sherwood. Alibis - Marianas Trench. It's Only Life - Kate Voegele. 3 A.M. - Sean Hayes. Born On the Cusp - American Analog Set. Will You Remember Me (Lori's Song) - April Matson.

O compositor Michael Suby é o autor dalgúns dos temas que aparecen repetidamente ao longo de toda a serie, como Welcome to the Family, aínda que estes non foron incluídos no álbum da banda sonora.

Canles de televisión que emiten a serie A serie foi producida e transmitida nos Estados Unidos pola canle ABC Family, os luns ás 8 da noite.

20px|Bandeira de Arxentina Arxentina - SCI-FI 20px|Bandeira de Brasil Brasil - SCI-FI 20px|Bandeira de Bolivia Bolivia - SCI-FI 20px|Bandeira de Chile Chile - SCI-FI 20px|Bandeira de Colombia Colombia - SCI-FI 20px Costa Rica - Teletica 20px|Bandeira de Cuba Cuba - Tele Rebelde 20px|Bandeira de Ecuador Ecuador- SCI-FI y Teleamazonas 20px O Salvador- SCI-FI 20px|Bandeira de España España - Cuatro, SCI-FI, MTV e Disney Channel 20px Guatemala - SCI-FI Honduras- SCI-FI 20px|Bandeira de México México - SCI-FI, Once TV México e Canal 32 (Televisa Saltillo) 20px|Bandeira de Nicaragua Nicaragua - SCI-FI 20px|Bandeira de Panamá Panama - SCI-FI 20px|Bandeira de Paraguai Paraguai- SCI-FI 20px|Bandeira de Perú Perú - SCI-FI 20px|Bandeira de República Dominicana República Dominicana - SCI-FI. 20px|Bandeira de Uruguai Uruguai - SCI-FI 20px|Bandeira de Venezuela Venezuela - SCI-FI 20px|Bandeira de Italia Italia - Italia 1, FOX

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da serie Páxina web oficial da serie en Cuatro Kyle XY Spain

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da ABC Categoría:Series de televisión iniciadas en 2006 Categoría:Series de televisión de ficción científica