Bernardino Luís Machado Guimarães, nado no Río de Xaneiro o 28 de marzo de 1851 e finado en Famalicão o 29 de abril de 1944, foi o terceiro e o oitavo presidente electo da República Portuguesa.
Biografía Estudou Filosofía e Matemática, respectivamente na Facultade de Letras e na Facultade de Ciencias da Universidade de Coímbra, onde foi tamén Profesor. Tivo un importante percorrido como dirixente da Masonaría (na Loja Perseverança do Grande Oriente Lusitano). De 1892 a 1895 foi o 7.º Presidente do Consello da Orde do Grande Oriente Lusitano, de 1895 a 1899 foi o 18.º Soberano Grande Comendador do Supremo Consello afecto ao Grande Oriente Lusitano e 7.º Gran-Mestre do Grande Oriente Lusitano Unido e de 1929 até á súa morte en 1944 foi o 23.º Soberano Grande Comendador do Supremo Consello afecto ao Grande Oriente Lusitano. miniatura|esquerda|Bernardino Machado no tren que o vai conducir ao exilio en París, tras a revolución de Sidónio Pais, en 1917. Foi presidente da República Portuguesa por dúas veces. Primeiro, do 6 de agosto de 1915 até o 5 de decembro de 1917, cando Sidónio Pais, á cabeza dunha xunta militar, disolveu o Congreso e o destituíu, obrigándoo a abandonar o país. miniatura|300px|Bernardino Machado e as fillas, na Coruña, en 1927, con Álvaro Cebreiro e A. Villar Ponte. Máis tarde, en 1925, volveu á presidencia da República para, un ano despois, volver a ser destituído pola revolución militar de 28 de maio de 1926, que instituirá a Ditadura Militar e abrirá camiño á instauración do Estado Novo.
Vida persoal Bernardino Machado era fillo de António Luís Machado Guimarães, primeiro e único Barón de Joane, e da súa segunda muller, Praxedes de Sousa Guimarães, falecida en Vila do Conde en 1901.
Recibiu no bautismo o nome propio do avó materno, Bernardino de Sousa Guimarães, capitalista estabelecido en terras brasileiras.
Pasou a infancia no Brasil até aos nove anos, cando a familia se estabeleceu en Joane, concello de Famalicão. En 1866 inscribiuse na Universidade de Coímbra, en Matemática, optando despois por Filosofía. Foi un brillante alumno, téndose doutorado en Coímbra, onde foi profesor.
En 1872 atinxiu a maioridade e optou pola nacionalidade portuguesa.
Casou no Porto en xaneiro de 1882 con Elzira Dantas Gonçalves Pereira (Río de Xaneiro, 15 de decembro de 1865 - 21 de abril de 1942), tamén nacida no Brasil, filla do conselleiro Miguel Dantas Gonçalves Pereira e da súa muller Bernardina Maria da Silva, de quen tivo 18 fillos.
De entre os seus descendentes, destácanse o escritor e alcalde Aquilino Ribeiro Machado (1930-2012), primeiro alcalde de Lisboa democraticamente elixido tras a Revolución dos caraveis e o investigador, profesor e médico Júlio Machado de Sousa Vaz (1909-1999).
Política Durante a monarquía, Bernardino Machado foi deputado polo Partido Rexenerador (1882), Par do Reino (1890), e ministro das Obras Públicas, Comercio e Industria (1893).
Adheriuse ao Partido Republicano Portugués en 1903.
O 5 de outubro de 1910 ten coñecemento en Alenquer da Proclamación da I República portuguesa, onde volvería un ano despois para dar inicio á tradición da Cea do 5 de outubro en Alenquer.
Co advento da República foi o primeiro Ministro dos Negocios Estranxeiros da República, desde o 5 de outubro de 1910 até o 3 de setembro de 1911, e o primeiro Embaixador de Portugal no Brasil (1913).
Foi dúas veces presidente do Ministerio, desde o 9 de febreiro até o 12 de decembro de 1914, e desde o 2 de marzo até o 23 de maio de 1921.
Foi Cabaleiro da Orde de Carlos III de España en 1917 e Gran Cruz da Orde Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito, o 6 de outubro de 1917.
O 30 de xuño de 1980 foi agraciado a título póstumo coa Gran Cruz da Orde da Liberdade.
Alén do seu percorrido político son coñecidas colaboracións súas nos periódicos A republica portugueza: diario republicano radical da manhan (1910-1911), O Xuão: semanario de caricaturas (1908-1910) e a Galeria republicana (1882-1883).Galeria republicana .
Primeira elección presidencial (1915) Bernardino Machado foi elixido polo Congreso o 6 de agosto de 1915. Na primeira votación votaron 189 congresistas. Nos tres escrutinios realizados, os votos ficaron así distribuídos:
Primeiro escrutinio Bernardino Luís Machado Guimarães, 71 votos António Xavier Correia Barreto, 44 votos Abílio Manuel Guerra Junqueiro, 33 votos Duarte Leite Pereira da Silva, 20 votos Augusto Manuel Alves da Veiga, 4 votos Pedro Martins, 1 voto José Caldas, 1 voto Votos brancos, 15
Segundo escrutinio Bernardino Machado, 75 votos Correia Barreto, 45 votos Guerra Junqueiro, 30 votos Duarte Leite, 19 votos Alves da Veiga, 2 votos Votos brancos, 12
Terceiro escrutinio Bernardino Machado, 134 votos Correia Barreto, 18 votos Votos brancos e nulos, 27
Segunda elección presidencial (1925) Bernardino Machado foi elixido polo Congreso o 11 de decembro de 1925. Nos dous escrutinios realizados, os votos ficaron así distribuídos:
Primeiro escrutinio Bernardino Machado, 124 votos Duarte Leite, 33 votos Gomes Teixeira, 5 votos José Júlio de Bettencourt Rodrigues, 1 voto Carlos Belo de Morais, 1 voto Afonso Costa, 1 voto Jacinto Nunes, 1 voto Votos brancos, 4
Segundo escrutinio Bernardino Machado, 148 votos Duarte Leite, 5 Bettencourt Rodrigues, 1 Votos brancos, 6
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Alves dos Reis Ligazóns externas manuel-bernardinomachado.blogspot.com.es .
Categoría:Finados en 1944 Categoría:Nados en 1851 Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Presidentes de Portugal Categoría:Primeiros ministros de Portugal Categoría:Exiliados Categoría:Ministros de Portugal Categoría:Embaixadores de Portugal Categoría:Deputados de Portugal Categoría:Pares do Reino de Portugal Categoría:Políticos do Partido Rexenerador Categoría:Políticos do Partido Republicano Portugués