Gonzalo Sánchez, nado arredor de 920, foi un conde galego.

Traxectoria En 956, ou en 958, rebelouse contra Sancho I de León, o Craso.

Foi xefe dos exércitos na fronteira da actual Galiza contra os musulmáns.

Sobresae pola derrota que inflixiu ao exército de Gunrod de Noruega o cal permaneceu preto de tres anos en terras galegas, matando e saqueando, pero cando regresaron ás súas naves cargados con botín e prisioneiros foron interceptados polo conde Gonzalo que conseguiu vencelos nos arredores da ría de Ferrol, no ano 970, dando morte a Gunrod de Noruega, o seu sækonungr,Xefe viquingo. Literalmente 'rei do mar'. e tamén queimou a maioría das súas naves e executou a todos os viquingos.Eduardo Morales Moreno: Los vikingos en España. Revista Historia de Iberia Vieja, n.º 12, Madrid: HRH Editores, 2006.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gustavo Fabra Barreiro. Los Gallegos (en castelán). ISBN 8470900064 Ramón Otero Pedrayo. Guía de Galicia. ISBN 9788471543653

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século X